ANABAM celebrará o seu 40º aniversario co concerto de Cuerdas Atlánticas
• Este sábado 4 de outubro, ás 19:00 horas, no Centro Cultural
Infogauda / A Guarda
Este sábado 4 de outubro, a Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM), celebrará o seu 40º aniversario. Para iso, ás 19:00 horas haberá un acto no Centro Cultural no que se contará coa actuación do cuarteto feminino Cuerdas Atlánticas.
Entrada de balde ata completar á cabida.
Con esta actuación de música en directo, a asociación celebra os seus 40 anos de actividade, que desde súa fundación en 1985 está centrada especialmente, no estudo, conservación, protección e divulgación do patrimonio natural do Baixo Miño.
Cuerdas Atlánticas
O cuarteto Cuerdas Atlánticas nace en Galicia co propósito de difundir a música de corda dunha forma versátil e profesional. Intégrano catro músicos profesionais, Loida Díaz (violín), Nuria Naya (violín), Susana González (viola) e Elena Pintos (violoncelo) con ampla experiencia en agrupacións nacionais e internacionais. Actualmente integrantes da Orquestra Sinfónica Vigo 430, Luar na Lubre, Orquestra de Cámara Galega e a Orquestra Clásica de Vigo, entre outras. Labores que compaxinan coa súa actividade docente en distintos centros como a Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela; a Escola Entresons, de Arteixo; Colexio Jesús Mestre e Escola ‘Dando a Nota’ de Ferrol.
A recente formación propiciou a súa participación en diversos eventos como o concerto privado para os Patróns Internacionais do Museo do Prado; Premio María Josefa Wonenburger Planells 2021; Concerto organizado por Fundación Columbus; Concerto Solidario Caritas en apoio aos damnificados do volcán da Palma; Ciclo Clásica Popular 2021 en Compostela; Visitas Guiadas Concerto polo mosteiro benedictino de San Mariño Pinario; e tamén tocaron en festivais e ciclos de concertos como Festival Sinsal 2023 na Illa de San Simón e no Ciclo Terraceamos+ 2023.
Ningún comentario:
Publicar un comentario