O martes, 30 de setembro, abriranse as citas para renovar o DNI e o pasaporte, na Guarda
Infogauda / A Guarda
A partir do martes, 30 de setembro, pódese pedir cita para a renovación na Guarda do Documento Nacional Identidade (DNI) e do pasaporte para o mes de outubro. A petición pódese efectuar de forma presencial no mostrador de información da planta baixa do Concello ou chamando ao teléfono 986 61 00 00.
Co servizo do Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) da Policía Nacional só é preciso acudir un día a facer o trámite.
O VIDOC instalarase na praza do Reló, o luns, día 6 e o mércores, día 22 de outubro. Atenderase de 9:30 a 12:30h, só con cita previa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario