ANABAM celebra o seu 40 aniversario
• Por primeira vez na Guarda, actuará o cuarteto “Cuerdas Atlánticas”
Agustín Ferreira Lorenzo / A Guarda
ANABAM celebra o seu 40 aniversario traendo por primeira vez á Guarda o cuarteto “Cuerdas Atlánticas”, nunha actuación que terá lugar este sábado 4 de outubro, no Centro Cultural, a partir das sete da tarde, con entrada de balde, onde se fará, ao mesmo tempo unha semblanza do que foron estes 40 anos da asociación conservacionista, que naceo na época dourada do conservacionismo galego (anos oitenta do século pasado).
“Cuerdas Atlánticas” está formado por músicos profesionais que levan máis de quince anos no eido musical. Interpretan pezas tanto clásicas como outras máis modernas. De ámbalas dúas modalidades poderemos gozar o vindeiro sábado no Centro Cultural da Guarda.
Ademais da actuación anterior, ANABAM procederá ao sorteo dos cheques entre as persoas que se sumaron á Campaña de protección dos niños de andoriñas do Baixo Miño, así como ao nomeanto de socios de honra e a proxección dun pequeño vídeo resumo destes 40 anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario