4 de ago. de 2025

TOMIÑO

Unha unidade móbil de doazón de sangue estará en Tomiño o vindeiro 7 de agosto  

  Estará situada na rúa Daniel Calzado Poceiro e os horarios serán de mañá e de tarde 

 



Infogauda / Tomiño

 A Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazará unha unidade móbil de doazón de sangue ao Concello de Tomiño o próximo xoves 7 de agosto. A unidade estará situada na rúa Daniel Calzado Poceiro, atendendo ás persoas doantes en dous horarios: de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. 

 Para participar nesta xornada de solidariedade, é necesario cumprir algúns requisitos básicos: ter máis de 18 anos, pesar máis de 50 quilos e presentar o DNI, pasaporte ou carné de doante. Ademais, recoméndase almorzar antes da doazón e respectar un intervalo de dúas horas despois de xantar para evitar posibles molestias. 

 Esta iniciativa forma parte da labor diaria da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, organismo público dependente da Consellería de Sanidade, que mantén abertos sete puntos fixos de doazón e despraza unha decena de unidades móbiles para garantir o abastecemento de compoñentes sanguíneos aos hospitais galegos. 

 Desde ADOS lembran que os homes poden doar ata un máximo de catro veces ao ano, mentres que as mulleres poden doar tres veces, sempre deixando un intervalo mínimo de dous meses entre cada doazón. 

 A colaboración de todos é fundamental para garantir as 27.000 doazóns que se precisan durante o verán en Galicia para atender a milleiros de pacientes. Animamos á cidadanía de Tomiño a participar nesta campaña solidaria e a compartir esta información para chegar ao maior número de persoas posible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario