22 de maio de 2025

A GUARDA

Máis de 300 escolares acudiron á exhibición de  medios da Garda Civil  

• Hoxe o alumnado guardés coñeceu de preto o material das distintas unidades do instituto armado español


O alcalde de A Guarda nun momento da exhibición de medios materiais da Garda Civil
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Máis de 300 escolares guardeses acudiron hoxe á exhibición de medios materiais da Garda Civil. Foi no campo municipal de fútbol da Sangriña, onde esta mañá achegouse alumnado dos seis centros escolares de 5º e 6º de Educación Primaria, así como de 1º da ESO.  

 Ademais de vehículos, tamén se expuxo material das distintas unidades da Garda Civil, como drons, chalecos, cascos, etc. O alumnado puido probar e ver en funcionamento os vehículos, pero tamén ao dron, que causou gran expectación.  

 Foi así, como os alumnos e alumnas coñeceron as distintas unidades da Garda Civil e o cometido de cada unha delas, así como o material e a súa función.  

  O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero cre que “é importante dar a coñecer aos nenos e nenas que a Garda Civil está aí para ofrecerlle seguridade e protección, deixando o prexuízo que poidan ter de medo ou castigo”.  

 Esta actividade foi posible grazas á colaboración entre o Concello de A Guarda e a comandancia da Garda Civil de Pontevedra, a través do seu Plan Director. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario