19 de dec. de 2024

O ROSAL

 FESTIVAL DE PANXOLIÑAS

  Venres, 20 de decembro de 2024, ás 19:00 horas, na igrexa parroquial de San Miguel



Ricardo Rodríguez Vicente / O Rosal

 Organizado por Voces do Ceo, Airiños de San Miguel e Sociedade Recreativa e Cultural Centro San Miguel, coa colaboración da parroquia de San Miguel; este venres, 20 de decembro, ás 19:00 horas, na igrexa de San Miguel (O Rosal), celebrarase un Festival de Panxoliñas.

 Actuarán: Voces do Ceo, Airiños de San Miguel, Vento Mareiro, Conxunto Sisto e Novo Orballo.

 O evento convida a asistir e desfrutar coas voces de mulleres e homes, que dedicaron tempo aos ensaios para ofrecer unha fermosa actuación. Vai ser, un gozoso preludio do inminente nadal.

DEPORTES

BALONMÁN FEMININO

O Mecalia Atlético Guardés visita en Málaga ao seu principal rival polo liderado 

• O equipo do Baixo Miño medirase este venres ás 21.00 horas ao Costa del Sol Málaga (Ciudad Deportiva Carranque) no Partido Estrela da décima xornada ligueira, que será emitido en Teledeporte 

• O duelo enfrontará aos dous principais contendentes polo liderado, que ostenta agora mesmo o Mecalia Atlético Guardés por un punto de vantaxe, a falta dun partido aprazado do Málaga 

• Persiste a baixa por enfermidade de Estela Carrera, que será suplida de novo con Yanet Rodríguez 




Redacción Deportes / A Guarda

 O Mecalia Atlético Guardés quere pasar o Nadal cos deberes feitos. A Liga Guerreras Iberdrola 2024/2025 retoma a actividade de xeito oficial esta semana na súa décima xornada, e a volta da competición supón para o equipo da Guarda disputar un dos duelos cruciais da tempada na loita polos primeiros postos clasificatorios. Este venres 20 de decembro ás 21.00 horas, o Mecalia Atlético Guardés visitará o feudo do Costa del Sol Málaga, rival que ocupaba o liderado da táboa ata que precisamente as de Ana Cristina Teixeira Seabra arrebatáronllo coa súa vitoria ante Aula a pasada semana. Sen dúbida un encontro de alta tensión e importancia para ambos equipos e que ademais constituirá o Partido Estrela da xornada, e será emitido en directo en televisión a través de Teledeporte. 

 O Mecalia Atlético Guardés chega ao encontro coa vantaxe de reiniciar a competición antes do previsto, ao recuperar a pasada semana o partido aprazado contra Aula. Partido que se saldou precisamente cunha vitoria das que van directas á autoestima para o Mecalia Atlético Guardés, que soubo tirar de experiencia para impoñerse ás locais nos últimos minutos, despois de ter sufrido outros tantos por un esixente ataque a 7 valisoletano (21-24). 

 Pola súa parte, o último partido de Liga do Málaga remóntase ao pasado 6 de novembro (xornada 8), sumando unha semana adicional afastado da competición ao aprazarse o seu partido de novena xornada contra Elda Prestigio á primeira semana de xaneiro. E se ben o Costa del Sol disputou dende entón algúns partidos na Copa Europea EHF e varias das súas xogadoras participaron en competicións internacionais durante o parón, as de Ana Cristina Teixeira Seabra contan cunha semana de vantaxe en canto a retomar a mentalidade ligueira que podería marcar a diferenza. 

 Polo demais, precisamente no conxunto da adestradora do Mecalia Atlético Guardés persisten algunhas ausencias importantes. Segue a notarse a baixa de Elena Martínez, debida á súa rotura de ligamento cruzado e meniscos, xa que aínda continúan as dificultades para o equipo da Guarda á hora de atopar unha nova fichaxe coa que poder resarcirse desta lesión. Ademais, a ela súmase tamén Estela Carrera, que aínda non se recuperou da enfermidade que xa a apartou da competición a pasada semana. A convocatoria verase reforzada de novo coa porteira xuvenil Yanet Rodríguez. 

 En canto ao anfitrión, o Málaga recibirá o encontro dende a segunda posición da táboa. O equipo andaluz presume dun inicio de tempada case impecable, con sete vitorias e un empate, e mantense coma o único invicto da categoría a estas alturas. Se se alzaron como campioas de Liga en 2022/2023 e culminaron a pasada tempada cun meritorio bronce, as de Jesús Gallardo seguen apuntando alto este ano e supoñen, sen dúbida, o rival principal polo liderado para o Mecalia Atlético Guardés, que o supera neste momento na clasificación a falta dun partido aprazado que as anfitrioas recuperarán o vindeiro 4 de xaneiro. 

 A última vez que ambos os dous equipos se cruzaron data de marzo deste ano, cando a Ciudad Deportiva Carranque viviu unha folgada vitoria local que deixou ás de Ana Cristina Teixeira Seabra con pouco que dicir (35-29). E a visita das andaluzas á Sangriña correu a mesma sorte, aínda que deixando ao Mecalia Atlético Guardés un pouco máis de marxe de manobra (27-28). En definitiva, non cabe dúbida de que o Mecalia Atlético Guartdés ten en mente a dureza do seu rival, equipo veterano na categoría e cun palmarés que deixa claro que a deste venres non será unha ponte sinxela de cruzar no camiño cara ao máis alto da categoría. 

Ana Cristina Teixeira Seabra: “Teremos que cometer poucos erros e ser moi constantes” 

 A adestradora do Mecalia Atlético Guardés, Ana Cristina Teixeira Seabra, coincide con esta valoración do Costa del Sol Málaga, a quen considera “un equipo con moita experiencia”, que ofrecerá “outro partido difícil” xa que ademais “vai xogar na súa casa”. 

 A técnica remite o mantra da pasada semana, que se centraba na concentración e en evitar certos erros para afrontar con éxito a visita ao Aula Valladolid. E aínda que o Mecalia Atlético Guardés logrou impoñerse, foron precisamente algúns erros e despistes os que o levaron a sufrir durante varios minutos nos que semellou escapárselle a vitoria. 

 Por todo isto, Seabra insiste aínda máis nesta autoesixencia de cara ao partido de Carranque, onde quizais as súas non terían a posibilidade de resarcirse destas faltas: “Por suposto que queremos competir polos dous puntos, pero somos conscientes de que teremos que cometer poucos erros e ser moi constantes en tódalas fases do xogo”. 

AXENDA 

Liga Guerreras Iberdrola 

Xornada 10 

Costa del Sol Málaga – Mecalia Atlético Guardés  

Venres, 20 de decembro, ás 21:00 horas 

Ciudad Deportiva Carranque (Málaga) 

Será emitido en directo por Teledeporte: https://www.rtve.es/play/videos/directo/balonmano-malaga-guardes-liga-guerreras/

A GUARDA

ROBERTO JOSÉ ÁLVAREZ CARRERO, ALCALDE DA GUARDA, CONSEGUE  FACER REALIDADE A SENDA QUE UNIRÁ CAMPOSANCOS E A GUARDA

 A Xunta de Galicia investirá 1,6M€ na senda peonil que rodeará o Monte Santa Trega, de A Guarda

 As obras cofinanciaranse con fondos FEDER 2021/2027


Roberto José Álvarez Carrero, alcalde de A Guarda, xunto a Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue; o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera; o director territorial de infraestruturas, José Manuel González González; e membros do goberno municipal, no acto de presentación desta nova actuación
Fotos: X.G.
Infografía do trazado previsto
Fonte: X.G.

Infogauda / A Guarda

 Roberto José Álvarez Carrero, alcalde de A Guarda, xunto coa Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue; o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera; e o director territorial de infraestruturas, José Manuel González González, anunciaron hoxe esta nova actuación, cuxo proxecto se prevé someter a información pública no primeiro trimestre de 2025.

 O itinerario circunvalará o monte Santa Trega aproveitando o trazado da estrada autonómica PO-352, conectando A Guarda con Camposancos e a zona de praias, así como coa zona deportiva da Sangriña, garantindo sempre a seguridade dos peóns.

 En palabras de Roberto José Álvarez Carrero: “Hoxe comezamos unha das demandas máis solicitadas pola cidadanía guardesa: a senda  Camposancos-A Guarda. Múltiples gobernos comprometéronse a iso e, ao final, será este goberno que presido quen a realice. Esta é a nosa forma de traballar: humildemente, sen alborotos pero con resultados. Ante as promesas incumpridas duns, ou as protestas sen sentido e acusacións falsas doutros, nós seguimos ao noso: transformar a realidade da Guarda e os seus veciños. Os proxectos tardan en fraguar pero con paciencia e esforzo todo conséguese. Non se pode cambiar a situación do noso pobo nun ano pero progresamos adecuadamente. Marcarámonos a senda a Camposancos como unha das nosas prioridades e agora podemos dicir que comeza esta ansiada infraestrutura”.

 A Xunta de Galicia investirá 1,6M€ na senda peonil que rodeará o Monte Santa Trega, de A Guarda, enmarcada na nova fase do Plan de Sendas que promove o Goberno autonómico dentro da súa Estratexia de Movilidade, aprobado esta semana no Consello da Xunta. As obras cofinanciaranse con fondos FEDER 2021/2027.

 A conselleira, María Martínez Allegue, destacou que a futura senda, que discorrerá aproveitando o trazado da estrada autonómica PO-352 que une Camposancos-A Guarda, “poñerá aínda máis en valor esta contorna única, que garda a pegada da nosa historia, e é un dos maiores atractivos turísticos do municipio. É un itinerario que mellora a seguridade para os usuarios máis vulnerables, peóns e ciclistas. Pero ademais, con estas actuacións gañamos espazos agradables para que as persoas poidan desprazarse, facer exercicio e, ao mesmo tempo, gozar de contornas naturais”. 

A GUARDA

‘Nadal en prácticas’, a historia dunha aprendiz a elfa 

  Chegará á vila de A Guarda o luns, 23 de decembro, ás 17:30 horas a praza de Avelino Vicente 




Infogauda / A Guarda   

 A Guarda arrancrá a semana que vén con actividades da programación especial do Nadal. O luns 23 de decembro ás 17:30 horas é a quenda do espectáculo de contacontos “Nadal en prácticas”.  

 A praza de Avelino Vicente acollerá este contacontos interactivo que trata sobre Nolitas, unha elfa un pouco peculiar que este Nadal está en prácticas e a piques de afrontar a súa proba de "COEN" (Certificado Oficial a Elfo de Nadal).  

 Nolitas pedirá a axuda de pequenos e maiores para poder superar este reto. 

CAMINHA

CINEMA

Boletim da Sessão nº 620 - “Noite de Estreia” de John Cassavetes   

Sexta-feira, 20 de dezembro às 21:45 no Teatro Valadares

ATENÇÃO: Lotação Limitada. Entrada Gratuita.




Locus Cinemae / Caminha

 “(…) A característica mais notável dessa obra de John Cassavetes é a inserção teatral enquanto dramaturgia, principalmente dizendo respeito às atuações. Há uma diferenciação notória em cena que incide sobre o cinema e o teatro, algo cuidadosamente tratado e dirigido.  

 Os atores são pilares desse filme multitemático e Gena Rowlands, com sua Myrtle Gordon, entrega uma das performances mais impressionantes já oferecidas pela arte da ilusão, pela ilusão da atuação, ou não atuação, da naturalização como emenda de uma personagem sem restritas dimensões. A linguagem particular do cineasta encontra aqui um de seus maiores desafios e impressiona.  

 John Cassavetes investe como de hábito na concepção das características individuais de cada um de seus personagens. Aqui, de personagens vivendo personagens, criando intersecções temáticas e influindo na percepção do artista no palco, e para nós em frente à câmara. Noite de Estreia é um filme tão bem narrado que ficamos absolutamente amarrados à história. Seus enquadramentos e sua iluminação incisiva são tão absorventes que é quase impossível passar ileso a sua atmosfera e assimilações, um turbilhão de contrapontos de vivências teorizadas pela angústia do tempo, precisamente pela linha do envelhecimento e inevitável morte. (…).”  

http://www.cineplayers.com/critica/noite-de-estreia/3085  

FICHA TÉCNICA:  

Título original: “Opening Night”, 1977, EUA  

Realização: John Cassavetes  

Produção: Al Ruban  

Companhia produtora: Castle Hill Productions  

Argumento: John Cassavetes  

Música: Bo Harwood  

Fotografia: Alan Ruban  

Montagem: Tom Cornwell  

Distribuição: Faces Distribution  

Duração: 144 minutos     

FICHA ARTÍSTICA:  

Gena Rowlands: Myrtle Gordon  

Ben Gazzara: Manny Victor  

Joan Blondell: Sarah Goode  

Paul Stewart: David Samuels  

Zohra Lampert: Dorothy Victor  

John Cassavetes: Maurice Aarons  

Laura Johnson: Nancy Stein  

Lady Rowlands: Melva Drake



Ciclo Gena Rowlands   

20 de dezembro, “Noite de Estreia, John Cassavetes, EUA, 1977, Sessão 620 (M/12)  

27 de dezembro, “Uma Outra Mulher, Woody Allen, EUA, 1988, Sessão 621 (M/12)




O ROSAL

Pinocho enche de música o Nadal coa Agrupación Musical do Rosal  

 AMDOR e a cómica Arantxa Treus únense para despedir o ano cun espectáculo único o domingo 22 de decembro ás 18.00 h   




Infogauda / O Rosal  

 O auditorio municipal do Rosal será esta fin de semana o escenario dun espectáculo inesquecible que mesturará música, teatro e humor. Este domingo 22 de decembro (18.00 h), a Agrupación Musical do Rosal e a cómica Arantxa Treus únense para dar vida a ‘Pinocho, un conto de Nadal’, unha adaptación única que contará coa narración de Sabela Treinta e coa colaboración do alumnado da Aula Municipal de Teatro. 

 Baixo a dirección, guión e arranxos do director da Agrupación, Javier Alonso Pérez, este concerto promete ser unha das grandes citas culturais do Nadal no Rosal, un plan perfecto para encamiñar o peche do ano cun sorriso e moita emoción. Trátase dunha proposta orixinal na que a música da banda se combinará coa interpretación teatral e os toques humorísticos de Treus, garantido unha experiencia moi entretida para públicos de todas as idades.  

 A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, destacou o compromiso da Agrupación Musical do Rosal coa cultura, “capaz de volver sorprendernos cunha proposta innovadora e de altísima calidade. Animo a todos os rosaleiros e rosaleiras a acudir este domingo para gozar da nosa música e da nosa cultura”. 

 As entradas para o espectáculo xa están dispoñibles na oficina da Agrupación Musical do Rosal no auditorio municipal ou en Milar – Telesón. As entradas anticipadas terán un prezo de 4 euros para público xeral e 2 euros para socios, aínda que tamén poderán mercarse por 5 euros no despacho de boletos antes do comezo do concerto. 

TOMIÑO

A Rondalla Santa Eulalia de Atios desfilará este sábado polas rúas de Tomiño levando a súa música polo centro da vila  

 O domingo ao medio día será Traede Ferrallada e Xisco Feijóo os que percorrerán as rúas e bares con panxoliñas e outras cancións típicas do Nadal  




Infogauda / Tomiño 

 A Rondalla Santa Eulalia de Atios, desfilará no mediodía do vindeiro sábado, 21 de decembro, polas rúas céntricas de Tomiño levando a súa música polo centro da vila. 

 O desfile da rondalla terá lugar entre as 12.30 e 13.30 horas, pola rúas máis céntricas da vila. Esta formación musical vén de obter o 1º premio de Abandeirados, por 3º ano consecutivo, no concurso de rondallas organizado polo IFEVI, e tamén conseguiu o 1º premio no Certame de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo 2024. 

 A Rondalla Santa Eulalia de Atios (O Porriño) cumprirá en 2025 o seu primeiro centenario de existencia. Na actualidade conta con preto de 100 compoñentes de todas as idades, nalgúns casos, familias enteiras, que seguen a tradición e a transmiten.  




 Cantante, bailador, coreógrafo, presentador, o polifacético Xisco Feijóo, este domingo, 22 de decembro a partir das 12 do mediodía, compartirá polas rúas céntricas e bares de Tomiño, panxoliñas da zona e outras cancións tradicionais, para todas as persoas que estean paseando ou tomando o vermú, animando á xente a cantar e bailar e creando un ambiente festivo propio da época de Nadal. 

 O polifacético músico ofrecerá un concerto participativo para cantar sobre a tradición máis renovada do noso patrimonio. A sesión está enfocada á participación do público a quen se lle convida para traer instrumentos e ferrallada para colaborar.  

 Xisco Feijoó ten feito un incesante traballo de recuperación etnográfica durante máis de trinta anos e tendo colaborado en máis de vinte discos e espectáculos de artistas de proxección internacional, como Mercedes Peón, Xosé Manuel Budiño, Carlos Núñez, Kepa Junquera, Berrogüetto, etc. 

TUI

Aberto o prazo de inscrición no curso de Deshabituación Tabáquica 

 Realizarase en colaboración coa AECC. Serán nove sesións en horario de tarde e comezará en xaneiro 




Infogauda / Tui

 Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no curso de Deshabituación Tabáquica que organiza o Concello de Tui, a través do departamento de Prevención das Drogodependencias, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro.  

 Trátase dun programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao complexo proceso de abandono que supón deixar de fumar. No curso poderán participar un máximo de 14 persoas. Vai dirixido a persoas maiores de 18 anos que desexen abandonar o tabaco.  

 O curso consta de nove sesións cunha duración de hora e media cada unha, que se impartirán en horario de tarde.  No mes de xaneiro terá lugar unha primeira entrevista coa terapeuta e o curso comezará a última semana do mesmo mes.  

 Esta terapia brinda apoio técnico, consellos, compañía e recompensas.    

 As persoas interesadas en participar pódense inscribir presencialmente nas dependencias de Servizos Sociais, na casa do Concello; a través do correo paula.ssociais@tui.gal ou no teléfono 986 60 36 25.

O PORRIÑO

Pontón propón aumentar o investimento en I+D+i até o 2,5% do PIB e un plan de fomento da actividade tecnolóxica e industrial  

  Defende a posta en marcha dun gran pacto pola ciencia con todos os sectores implicados: administración, universidade e tecido empresarial  

  Avoga por unha tarifa eléctrica galega para que as empresas se beneficien da riqueza enerxética do País e melloren a súa competitividade  

  Visita a empresa CEAMSA, na que exemplifica a capacidade que ten Galiza para producir e exportar ao resto do mundo desde a innovación   


A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nun momento da súa visita as instalacións de CEAMSA

Infogauda / O Porriño

 A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, propuxo dende O Porriño a posta en marcha dun plan de fomento tecnolóxico e industrial que permita a Galiza incrementar o peso da industria ate o 25% nos próximos oito anos e acadar un gran pacto pola ciencia que sitúe o investimento en I+D+i no 2,5% do PIB.   

 Así o avanzou logo de visitar no polígono porriñés das Gándaras as instalacións de CEAMSA, empresa cunha ampla carteira de produtos que distribúe por todo o mundo, con usos moi diversos que van desde a alimentación, ao farmacéutico ou ao cosmético, e na que exemplificou a capacidade que ten Galiza para “poder producir, poder innovar e desde aquí exportar a todo o mundo”.  


Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, con Íñigo Alzueta, presidente de CEAMSA



 A portavoz nacional agradeceu ao presidente da compañía, Íñigo Alzueta, e a todo o seu equipo, unha visita que enmarcou na rolda de contactos que o BNG está a desenvolver para coñecer de primeira man as necesidades do tecido económico do País.  

 Neste sentido, subliñou a clara aposta do Bloque por acadar un maior peso industrial na economía galega, “con empresas innovadoras e sostibles que permitan darlle un futuro mellor aos galegos e ás galegas”, apuntou.   

 Con este obxectivo, debullou algunhas das propostas da formación nacionalista, a comezar pola posta en marcha dun plan de fomento da actividade tecnolóxica e industrial para conseguir que a industria represente o 25% nun horizonte temporal de oito anos.   

 “É un obxectivo irrenunciable que en Galiza gañemos músculo industrial”, recalcou, para apostar a continuación pola creación de emprego de calidade, o impulso de empresas e industrias innovadoras que teñan na tecnoloxía e no desenvolvemento a súa base” para transformar en riqueza todo o potencial que hai no país.    

 A segunda proposta do BNG pasa por impulsar un gran pacto galego pola ciencia que permita incrementar o investimento en I+D+i até o 2,5% do PIB, un reto que cualificou de “fundamental”, dado que agora se sitúa arredor do 1%, a metade do que invisten os países europeos.   

 En terceiro lugar, Pontón defendeu tamén a necesidade de crear o INNOGAL, unha entidade similar ás que funcionan con éxito en Euskadi (Ikerbasque) e Catalunya (ICREA), co obxectivo de facer da ciencia un factor estratéxico para o desenvolvemento de Galiza.  

 “Unha potente ferramenta de captación e de retención de talento e que sirva ao mesmo tempo como revulsivo no ámbito económico á hora de que as nosas empresas aposten máis pola innovación, a ciencia e o desenvolvemento tecnolóxico, que nos parece que son piares claves para o futuro do noso País”, afondou.   

 Por último, a líder nacionalista tamén avogou por que a enerxía se converta nun factor de mellora da competitividade, para o que considerou necesario poñela ao servizo de PEMES e industrias, ademais do das familias. Por iso, incidiu na proposta do BNG de impulsar unha tarifa eléctrica galega que permita abaratar o recibo da luz tanto a nivel doméstico como empresarial e industrial, compensando a Galiza polos custos ambientais e sociais de ser zona produtora e exportadora de enerxía.  

 “Unha rebaixa da factura da luz é un elemento moi potente de mellora da competitividade das nosas empresas e tamén un elemento moi potente á hora de atraer empresas e que Galiza poida gañar ese músculo industrial que nos fai falta para ser un país con futuro”, concluíu.   

O PORRIÑO

Da tradición á innovación coa carpintaría Joyla da man da Medida Leader  

 A presidenta de Galicia Suroeste e o alcalde do Porriño visitaron a empresa tras asobras de modernización e equipamento subvencionadas con fondos europeos 

 Unha axuda de 33.000 euros, o 45% do investimento, que permitiu a consolidación e creación de 20 postos de traballo  


A presidenta do grupo de desenvolvemento rural, Sandra González, e o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, visitaron este xoves as renovadas instalacións da carpintaría Joyla
Foto: G.S.

Infogauda / O Porriño 

 A innovación tecnolóxica ten raíces firmes no Porriño. A carpintaría Joyla, con máis de dúas décadas de experiencia, acaba de dar un salto cualitativo coa modernización e actualización do seu equipamento, unhas obras de mellora financiadas a través de Galicia Suroeste no marco das axudas da Medida Leader para proxectos produtivos na convocatoria 2023-2024.  

 A presidenta do grupo de desenvolvemento rural, Sandra González, e o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, visitaron este xoves as renovadas instalacións da carpintaría para coñecer de primeira man o impacto desta modernización e destacar a relevancia dos proxectos financiados pola Medida Leader para o tecido produtivo e social do territorio. Cunha axuda do Leader de 33.000 euros, o 45% do investimento total das obras, permitiuse consolidar 16,5 postos de traballo e crear tres novos contratos indefinidos a xornada completa.  

 Sandra González subliñou o impacto positivo deste proxecto no tecido produtivo local. “Este tipo de iniciativas demostran o que significa apostar polo noso rural: crecemento económico, estabilidade laboral e excelencia nos produtos. A aposta firme de Galicia Suroeste e a Medida Leader pola excelencia e a competitividade garante que o tecido empresarial do territorio continúe medrando e fortalecendo o noso rural”, destacou a presidenta. 

 Pola súa banda, o alcalde porriñés destacou o orgullo que supón para o municipio ver como empresas locais apostan por quedarse no rural e contribuír ao seu desenvolvemento económico e social. “Proxectos como este demostran que o rural non só é unha opción viable, senón que tamén é un lugar de oportunidades. Joyla é un exemplo de como reinventarse, apostar pola modernización e investir en innovación pode ser a clave para continuar crecendo e consolidarse como referente no sector tanto a nivel nacional como internacional”, resaltou Lorenzo.  

 O proxecto consistiu na adquisición dunha cabina de presurización que permite captar, aspirar, filtrar e secar as pinturas e lacas dos diferentes procesos de recubrimento. Un espazo pechado que mantén illado o proceso de pintado, evitando a entrada de po e a contaminación do exterior. Un novo equipamento que permite mellorar os acabados no recubrimento das pezas ao tempo que se melloran as condicións de seguridade e hixiene do equipo humano, un valor engadido para a empresa.  

 Con estas incorporacións, Joyla elimina procesos manuais que supoñía un sobrecusto económico e de tempo e camiña cara á tecnificación para aumentar a competitividade, eficiencia e eficacia e reforzar o seu posicionamento como referente no sector, integrando tradición, modernidade e un profundo compromiso coa satisfacción dos seus clientes e co tecido económico local. 

VIGO

A CIG logra a maioría absoluta nas eleccións no centro de traballo de Cofano, en Vigo 

  A central fíxose con 4 dos 5 representantes que se escollían no comité de empresa da cooperativa de distribución farmacéutica 


Infogauda / Vigo

 A federación de Servizos da CIG fíxose coa maioría absoluta nas eleccións sindicais que se veñen de celebrar no centro de traballo da cooperativa de distribución farmacéutica Cofano en Vigo ao sumar 4 dos cinco representantes que se escollían no comité. 

 No recente proceso a CIG-Servizos logrou duplicar a súa representación na empresa ao pasar de 2 a 4 delegados/as tras presentar por primeira vez candidatura entre o persoal técnico e administrativo, onde obtivo as 2 representantes. 

 Os outros/as 2 delegados/as conseguiunos no colexio de especialistas grazas aos 22 votos colleitados. Pola súa banda, CCOO rexistrou 9 apoios, o que lle dá dereito a 1 representante no comité desta cooperativa de distribución farmacéutica, que só en Vigo emprega a 86 persoas e que conta con outros centros de traballo en Pontevedra, Ourense e A Coruña. 

 Dende a central agradecen o apoio recibido por parte do cadro de persoal e márcanse como obxectivo para os vindeiros anos “afianzar” o traballo sindical desenvolvido durante o último período “ante os importantes retos que se presentan na compañía para mellorar as condicións laborais”. 

ARCOS DE VALDEVEZ

Arcos de Valdevez acolheu Fórum “Estratégia de Especialização Inteligente Transfronteiriça” 



O Fórum RIS3T reuniu diversos especialistas, investigadores e empresários nas áreas da inovação e da economia dos dois lados da fronteira
Fotos: C.M. A. de V.

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 Decorreu em Arcos de Valdevez a apresentação da Estratégia de Especialização Inteligente Transfronteiriça da Euroregião Galiza-Norte de Portugal (RiS3T) 2021-2027. 

 Nesta sessão, o Presidente da Câmara arcuense, João Manuel Esteves, afirmou “a importância do estreitar de laços entre o Norte de Portugal e a Galiza, nomeadamente na área do conhecimento e inovação para valorizar e promover a Euroregião Galiza-Norte de Portugal”.  

 O autarca afirmou que “é importante que a intervenção desta rede de inovação seja mais distribuída pelos territórios do interior pois será um contributo relevante para a fixação e atração de pessoas qualificadas e investimentos inovadores”. 

 O Fórum RIS3T reuniu diversos especialistas, investigadores e empresários nas áreas da inovação e da economia dos dois lados da fronteira.

 A Estratégia de Especialização Inteligente reafirmou como áreas prioritárias de cooperação no domínio da especialização inteligente 2021-2027, o sector agroalimentar; a indústria, mobilidade e energia; os recursos e economia do mar, a saúde e bem-estar e o turismo e indústrias criativas.  

 Na sua intervenção, o Presidente da CCDR Norte, António Cunha, começou por dizer que Arcos de Valdevez “sabe trilhar o caminho da inovação e do desenvolvimento sustentável”. Depois, referindo-se à Estratégia de Especialização Inteligente, afirmou que “esta RIS3T contribuirá para uma maior eficácia e impacto das políticas de inovação na Euroregião e para a concretização dos objetivos das transições verde e global, bem como do reforço da competitividade e coesão deste território transfronteiriço”.

REDONDELA

Continúa a campaña contra a explotación, o acoso e as faltas de respecto en Mercadona 

  A CIG-Servizos desenvolveu unha protesta en Redondela para denunciar tamén a excesiva carga de traballo e os tempos imposíbeis de cumprir 


Persoas traballadoras e delegadas da central sindical desenvolveron unha concentración diante do establecemento da empresa de alimentación
Foto: CIG

Infogauda / Redondela 

 A campaña ‘Un segredo a voces’ posta en marcha pola CIG-Servizos o pasado mes de agosto para denunciar o clima laboral en Mercadona trasladouse hoxe a Redondela. De xeito que persoas traballadoras e delegadas da central sindical desenvolveron unha concentración diante do establecemento da empresa de alimentación situado na estrada do Cruceiro para rexeitar a explotación laboral, o acoso e as faltas de respecto que padece o persoal por parte de superiores xerárquicas e denunciar a excesiva carga de traballo e os tempos imposíbeis de cumprir.  

 Lara Castro, delegada da CIG no comité provincial de Mercadona e traballadora do establecemento redondelán, sinalou que as persoas empregadas teñen que soportar a diario “condutas inapropiadas” por parte de superiores xerárquicas, “como insultos, vexacións, faltas de respecto e mesmo persecucións cada vez que queremos ir ao cuarto de baño”.  

 Un acoso que comeza incluso antes do inicio da propia xornada laboral, “xa que nada máis chegar ao centro de traballo recibimos berros advertíndonos de que non nos vai dar tempo a facer o traballo”. De feito, a excesiva carga de traballo e os tempos imposíbeis de cumprir son outras das cuestións nas que se centra esta campaña. 

 Como tamén o é a reclamación do cumprimento da normativa en materia de seguridade e saúde laboral, que Mercadona vulnera de xeito reiterado, tal e como vén de constatar unha resolución da Inspección de Traballo. En consecuencia, a autoridade laboral requírelle á empresa que cumpra a normativa en prevención de riscos e corrixa as graves deficiencias detectadas a respecto tanto da formación nesta materia como da avaliación dos riscos psicosociais en centros de traballo da provincia de Pontevedra.  

 Na CIG consideran que existe unha relación directa entre estes incumprimentos e o actual clima laboral, caracterizado por altos ritmos de traballo, faltas de respecto, presión ante baixas médicas, acoso por parte das responsábeis dos centros de traballo, dificultades e chantaxe ás persoas que solicitan conciliación familiar, etc.  

 Dende que a central sindical obtivo representación no comité pontevedrés hai dous anos comezou a reclamar o cumprimento da normativa en prevención. Primeiro no comité de seguridade e saúde -atopándose co bloqueo de UGT e CCOO en complicidade coa empresa- e posteriormente ante a Inspección de Traballo, “que agora urxe a Mercadona a tomar medidas inmediatas ante a gravidade dos feitos denunciados, xa que incumpren a metodoloxía recollida na normativa vixente”. 

 Primeiramente, a autoridade laboral céntrase no incumprimento da formación en prevención, indicando que a fórmula escollida pola empresa é “inapropiada” por ser só de dúas horas telemáticas e a parte práctica impartida por compañeiras/os de traballo, cando na realidade ten que ser impartida por persoal cualificado, como é unha persoa técnica en prevención de riscos laborais (PRL). 

 “Polo que nun prazo de tres meses Mercadona debe de impartirlle ás máis de 1000 persoas traballadoras na provincia de Pontevedra unha formación que se axuste ao artigo 19 da Lei de prevención de riscos laborais, garantindo unha formación teórica e práctica suficiente e adecuada”. 

 Seguidamente, a resolución fai mención aos riscos psicosociais que sofren as persoas traballadoras en Mercadona, xa que a empresa non ten avaliados os factores de risco psicosocial dende o ano 2019, polo que a autoridade laboral cualifica esta avaliación como “insuficiente”.  

 En consecuencia, e tal e como reclamou a CIG en numerosas ocasións na empresa e nos distintos comités, a Inspección tamén require unha avaliación destes riscos nos establecementos abertos nos últimos anos.  

 Finalmente, dende a central anuncian en que estarán “vixiantes” para que a empresa cumpra “dunha vez” a normativa en PRL e en avaliación de riscos psicosociais. 

PONTEVEDRA

Dixitalización     

Abel Losada convida aos concellos rurais a sumarse ao programa “La Administración cerca de ti”  

Incide na importancia de formar a veciñanza para aproveitar as vantaxes da aplicación “Tu Carpeta Ciudadana” e a utilizar o sistema de identificación “Cl@ve”

“O certificado dixital está moi ben para ordenadores, pero Cl@ve é o sistema máis seguro e fiable co teléfono móbil” 

    

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, celebrou hoxe unha xuntanza telemática con concellos de menos de 8.000 habitantes da provincia; na que tomaron parte a secretaria xeral da Subdelegación, María Isabel Alonso, e a técnica Margarita Hortas

Foto. S. de G.

Infogauda / Pontevedra

 O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, celebrou hoxe unha xuntanza telemática con concellos de menos de 8.000 habitantes da provincia para animalos a sumarse ao convenio entre o Ministerio de Política Territorial e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para a expansión do programa “La Administración cerca de ti”, que busca impulsar a Administración electrónica e axudar á veciñanza destes concellos rurais a relacionarse tanto coa Administración do Estado como o seu propio Concello.     

 Na xuntanza, na que tomaron parte a secretaria xeral da Subdelegación, María Isabel Alonso, e a técnica Margarita Hortas, informouse das vantaxes da aplicación “Carpeta Ciudadana”, que pode instalarse no teléfono móbil e dá acceso inmediato a tódolos expedientes da Administración do Estado e dos concellos, de xeito que poden consultarse tódalas notificacións, o estado dos expedientes, solicitudes, recursos ou mesmo unha cuestión tan de actualidade como os antecedentes por delitos sexuais. Tamén achega información sobre datas de caducidade de documentación. “En definitiva, levas no teléfono móbil toda a información relevante dos teus asuntos administrativos”, incidiu Losada.    

 Explicouse tamén que, se ben o certificado dixital é unha excelente ferramenta de identificación dixital, o sistema Cl@ve resulta especialmente recomendable para o teléfono móbil, dado que entre outras cousas permite identificarse a través dun pin xerado para cada acceso, ofrecendo así unha garantía extra de seguridade.     

 A Subdelegación do Goberno ofertou aos concellos rurais que se adhiran ao convenio unha sesión formativa sobre o uso da Carpeta Cidadá e a alta en Cl@ve para toda a veciñanza que participe na sesión. “Se as persoas maiores aprenderon a utilizar WhatsApp e Facebook nos seus teléfonos móbiles, non temos ningunha dúbida de que tamén serán quen de utilizar a Carpeta Cidadá e que iso lles xerará máis autonomía e autoconfianza nos asuntos que teñen tanto co seu Concello como coa Administración do Estado”.  

 Losada concluíu que diante dun escenario de reto demográfico, como que vén de evidenciarse co último informe do Consello de Contas, toca “apurar tódolos esforzos para axudar a pechar a fenda dixital e non cabe dúbida de que a Administración electrónica, nestes tempos nos que tódolos concellos teñen xa Sede Electrónica, ten que ser unha axuda e non un obstáculo para a xente maior”.    

CAMINHA

 À Conversa com Alfredo Cunha

Quinta 19 dezembro 2024 - 21H45

Local: Valadares, Teatro Municipal - Caminha