19 de dec. de 2024

A GUARDA

ROBERTO JOSÉ ÁLVAREZ CARRERO, ALCALDE DA GUARDA, CONSEGUE  FACER REALIDADE A SENDA QUE UNIRÁ CAMPOSANCOS E A GUARDA

 A Xunta de Galicia investirá 1,6M€ na senda peonil que rodeará o Monte Santa Trega, de A Guarda

 As obras cofinanciaranse con fondos FEDER 2021/2027


Roberto José Álvarez Carrero, alcalde de A Guarda, xunto a Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue; o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera; o director territorial de infraestruturas, José Manuel González González; e membros do goberno municipal, no acto de presentación desta nova actuación
Fotos: X.G.
Infografía do trazado previsto
Fonte: X.G.

Infogauda / A Guarda

 Roberto José Álvarez Carrero, alcalde de A Guarda, xunto coa Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue; o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera; e o director territorial de infraestruturas, José Manuel González González, anunciaron hoxe esta nova actuación, cuxo proxecto se prevé someter a información pública no primeiro trimestre de 2025.

 O itinerario circunvalará o monte Santa Trega aproveitando o trazado da estrada autonómica PO-352, conectando A Guarda con Camposancos e a zona de praias, así como coa zona deportiva da Sangriña, garantindo sempre a seguridade dos peóns.

 En palabras de Roberto José Álvarez Carrero: “Hoxe comezamos unha das demandas máis solicitadas pola cidadanía guardesa: a senda  Camposancos-A Guarda. Múltiples gobernos comprometéronse a iso e, ao final, será este goberno que presido quen a realice. Esta é a nosa forma de traballar: humildemente, sen alborotos pero con resultados. Ante as promesas incumpridas duns, ou as protestas sen sentido e acusacións falsas doutros, nós seguimos ao noso: transformar a realidade da Guarda e os seus veciños. Os proxectos tardan en fraguar pero con paciencia e esforzo todo conséguese. Non se pode cambiar a situación do noso pobo nun ano pero progresamos adecuadamente. Marcarámonos a senda a Camposancos como unha das nosas prioridades e agora podemos dicir que comeza esta ansiada infraestrutura”.

 A Xunta de Galicia investirá 1,6M€ na senda peonil que rodeará o Monte Santa Trega, de A Guarda, enmarcada na nova fase do Plan de Sendas que promove o Goberno autonómico dentro da súa Estratexia de Movilidade, aprobado esta semana no Consello da Xunta. As obras cofinanciaranse con fondos FEDER 2021/2027.

 A conselleira, María Martínez Allegue, destacou que a futura senda, que discorrerá aproveitando o trazado da estrada autonómica PO-352 que une Camposancos-A Guarda, “poñerá aínda máis en valor esta contorna única, que garda a pegada da nosa historia, e é un dos maiores atractivos turísticos do municipio. É un itinerario que mellora a seguridade para os usuarios máis vulnerables, peóns e ciclistas. Pero ademais, con estas actuacións gañamos espazos agradables para que as persoas poidan desprazarse, facer exercicio e, ao mesmo tempo, gozar de contornas naturais”. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario