19 de dec. de 2024

TUI

Aberto o prazo de inscrición no curso de Deshabituación Tabáquica 

 Realizarase en colaboración coa AECC. Serán nove sesións en horario de tarde e comezará en xaneiro 




Infogauda / Tui

 Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no curso de Deshabituación Tabáquica que organiza o Concello de Tui, a través do departamento de Prevención das Drogodependencias, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro.  

 Trátase dun programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao complexo proceso de abandono que supón deixar de fumar. No curso poderán participar un máximo de 14 persoas. Vai dirixido a persoas maiores de 18 anos que desexen abandonar o tabaco.  

 O curso consta de nove sesións cunha duración de hora e media cada unha, que se impartirán en horario de tarde.  No mes de xaneiro terá lugar unha primeira entrevista coa terapeuta e o curso comezará a última semana do mesmo mes.  

 Esta terapia brinda apoio técnico, consellos, compañía e recompensas.    

 As persoas interesadas en participar pódense inscribir presencialmente nas dependencias de Servizos Sociais, na casa do Concello; a través do correo paula.ssociais@tui.gal ou no teléfono 986 60 36 25.

Ningún comentario:

Publicar un comentario