23 de ago. de 2024

A GUARDA

A Deputación trai este sábado á Guarda unha actuación de Bruxo Queiman no marco do programa +Música 

O concerto financiado pola institución provincial terá lugar a partir das 21:00 horas no auditorio a ceo aberto de san Bieito   


O espectáculo, baixo o nome de “Queiman Folki”, concíbese como unha mostra da terra galega onde se mestura o tradicional conxuro coa exaltación da terra e do mar, do Camiño de Santiago e do conxunto do folclore galego

Foto: D.PO.

Infogauda / A Guarda

 A Deputación de Pontevedra financia a través do programa +Música a actuación musical de Bruxo Queiman e as Bruxas-Peregrinas que se celebrará este sábado 24 de agosto a partir das 21:00 horas no auditorio a ceo aberto de san Bieito, de A Guarda. Con esta iniciativa, a institución provincial pon á disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes un catálogo de artistas galegos e en galego co obxectivo de fomentar a nosa cultura e a nosa lingua, así como impulsar a reputación da provincia de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel.  

 O espectáculo, baixo o nome de “Queiman Folki”, concíbese como unha mostra da terra galega onde se mestura o tradicional conxuro coa exaltación da terra e do mar, do Camiño de Santiago e do conxunto do folclore galego. No espectáculo, a personaxe do peregrino emprende o Camiño para se encontrar co seu ser interior, e na escuridade da noite dará paso ao ritual no que se romperá o silencio para invocar os espíritos e libralo do mal a través da cerimonia da queimada. A proposta escénica, ademais de música de estilo folk-celta, conta con danza, pirotecnia e lume.  

 O concerto de Bruxo Queiman é unha das 59 actuacións que se están a celebrar entre maio e setembro nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia no marco deste programa provincial: 5 en maio, 2 en xuño, 20 en xullo, 26 en agosto e 6 en setembro. +Música ten un orzamento de 600.000 euros, cos que a Deputación aboa os custos de caché dos espectáculos. 

A GUARDA

Recupérase o  concerto de Gin Toni's  

O venres 30 de agosto, ás 23:00 horas, na Alameda



Infogauda / A Guarda  

 O venres 30 de agosto, ás 23:00h, na Alameda, e como peche do mes de excelencia do verán e das festas e eventos, escolleuse como data para o concerto de música do grupo  Gin Toni's.

 Cabe lembrar que o forte vento do sábado da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira impediu que se realizasen os preparativos técnicos e montaxe.   

 A banda  Gin Toni's ofrecerá un concerto cun directo fresco e un repertorio de versións dos mellores temas do pop rock español dende os 80 ata a actualidade, coma por exemplo Alaska, Los Hombres G, Seguridad Social, Radio Futura, Loquillo, Los Secretos ou Joaquín Sabina, entre outros moitos.   

 Un espectáculo musical, que terá unha duración aproximada de 2 horas e que transportará aos asistentes ás décadas douradas da música española. 

A CRUZADA (A GUARDA)

FESTA DO CHOURIPAN 

Sábado 24 de agosto, a partir das 22:00 horas, na praza de san Caetano


)

Infogauda / A Cruzada (A Guarda)

 Este sábado 24 de agosto, a partir das 10 noite na praza de san Caetano, vai celebrarse a Festa do Chouripan, evento organizado pola Comisión de Festas de san Caetabo.

 Os prezos serán os seguintes: chouripán e cervexa 4€; e cervezas 1'50 € ata fin existencias.

 Habrá cantina e está amenizada polo pica discos Darío GZ.

DEPORTES

BOXEO

VELADA DE BOXEO HOMENAJE A NUESTROS CAMPEONES

Fernando Bernárdez, Esteban Doiro y Carlos Miguel


Momento del homenaje a Fernando Bernárdez, Esteban Doiro y Carlos Miguel
Vista del pabellón municipal A Sangriña durante la velada de boxeo
Fotos: Cedidas

Gemma Amoedo / A Guarda

 El jueves día 15 del actual, en el pabellón municipal A Sangriña, se celebró una velada de boxeo, en homenaje a las viejas glorias guardesas de este deporte. El evento deportivo fué organizado por la Comisión de Fiestas del Monte Santa Trega, 2024 con la colaboración del Concello de A Guarda.

 La velada comenzó a las 20:00 horas, con 5 combates - 3 categoría amateur, 2 neo profesionales - y finalmente una exhibición de dos de los pilares del boxeo guardés Esteban Doiro y Carlos Miguel Rodríguez.

 En primer lugar, dentro del peso welter, se disputó el duelo entre el púgil de la escuela del Saudade, José “Monzón” Estévez y el púgil de la Vieja Escuela, Brais Castro. Poco pudo deshilarse de este combate dado que en el inicio, el del Saudade cruzó con dureza el directo de derecha provocando un fuerte sangrado nasal a su rival, lo que motivó que el árbitro decidiese poner fin al combate para no arriesgar con el tabique de Brais Castro.

 En el segundo combate de la tarde, se enfrentaron dentro del peso medio, el vigués del Calvario, también del Polideportivo Saudade, Pablo Álvarez, contra el boxeador de Lugo, del Team Pinha, Cristian Razvan. En un intenso duelo con brutales intercambios de golpes ya en el primer asalto, Álvarez conectó un crochet sobre su rival que le hizo con la victoria antes del límite, con cierta controversia por parte del equipo del de Lugo.

 En el ecuador de la velada, dentro del peso súper pesado, se enfrentaron Moisés Reyes, del Saudade, con el púgil del Kick Naron, Sergio Yáñez, combate también duro, donde en el descanso del segundo asalto, Tonecho, el preparador del de Naron, decidió abandonar la contienda.

 Dentro de la categoría neo profesional, pudo disfrutarse del actual campeón gallego élite, medalla de plata en los recientes campeonatos de España, Angello Jhadiff Vasquez, de la Vieja Escuela, contra el boxeador de la escudería del Ckm Mos, Álex Castro. En un recital técnico de ambos y un duelo muy igualado, los jueces de la pelea decidieron un merecido empate.

 Como combate de fondo, dentro del pluma, pudo verse al actual campeón gallego neo profesional, Jorge Alonso, del Saudade, esgrimir tesón y reflejos, frente al tercero del ranking neo pro, Martín García, del Cachorro Team. Alonso volvió a hacerse con la victoria por unanimidad arbitral, frente al coruñés.

Carlos Miguel e Esteban Doiro, co árbitro do combate


 Y por último, como plato fuerte, se vivió un hermoso momento, con la exhibición entre los sexagenarios Carlos Miguel y Esteban Doiro. Ambos notablemente emocionados, consiguieron contagiar entusiasmo a los aficionados que se reunieron tras muchos años sin boxeo, en el pabellón municipal A Sangriña. Momentos únicos, acompañados de un sentido homenaje tanto a ellos como a Bernárdez (residente, desde hace muchos años, en A Guarda). Los tres se mostraron agradecidos y notablemente satisfechos.

DEPORTES

O Rosal xa está listo para acoller o XXXII Trofeo Ciclista Pista de As Faias  

Esta cita dará comezo este sábado, ás 16.00 horas, e reunirá a 160 participantes 

 

A alcaldesa e o concelleiro de Deportes, con directivos e membros do Club Ciclista do Rosal, na presentación da XXXII edición do Trofeo Pista das Faias
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal 

 Este sábado, 24 de agosto, ás 16:00 horas, O Rosal celebrará sobre rodas a XXXII edición do Trofeo Pista das Faias. Esta competición, que está organizada polo Club Ciclista do Rosal e co apoio do Concello e da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xoán de Tabagón, contará con 160 ciclistas de diversas idades. 

 Entre as categorías que podemos atopar no trofeo están as de promesa, principiante, alevín, infantil e cadete, todas elas en masculino e femenino, así como categoría junior feminina. En canto as probas que se desenvolverán, os máis pequenos realizarán un circuito de xincana e os maiores, pola súa parte, competirán en pista. 

 Cabe destacar tamén que, esta será unha proba pouco habitual dentro do calendario da Federación Galega de Ciclismo ó desputarse nas categorías infantil, cadete e junior (tanto masculino como feminino) tandas de eliminación americana.  

 Esta iniciativa, que se consolida unha vez máis como un evento de referencia no ciclismo galego, “é posible realizala grazas á implicación dende fai anos do Club Ciclista O Rosal no ámbito deportivo, inculcando dende pequenos o esforzo e a paixón polo deporte das dúas rodas”, tal e como coinciden a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís e o concelleiro de Deportes, José Carlos Martínez Crespo.

TOMIÑO

A AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE TOMIÑO ESIXE INFORMACIÓN SOBRE O ESTADO DA AUGA NAS PRAIAS FLUVIAIS DO CONCELLO 


Vista da praia fluvial de Goián
Foto: G.M. PSdeG-PSOE de Tomiño

Infogauda / Tomiño

 Ante as informacións publicadas nestes días pola Agéncia Portuguesa do Ambiente (APA) comunicando a contaminación microbiolóxica da agua na praia fluvial da Lenta (Vila Nova de Cerveira) e desaconsellando o baño na mesma, as concelleiras Mª Violeta de Santiago Moire e Mirta Isabel Misa Misa, do grupo municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Tomiño esixen que se realicen as analíticas pertinentes e que os resultados se fagan públicos coa maior celeridade. 

 A preocupación e a alarma social está a crecer de maneira exponencial, especialmente en persoas usuarias da praia fluvial de Goián, e xa están denunciando moitos casos de doenzas gástricas e cutáneas entre os bañistas, sen ter ningunha comunicación nin información oficial ó respecto.

 As concelleiras socialistas manifestan a súa  perplexidade e indignación ante o silencio por parte de quen nos goberna e comprobamos como unha vez máis, este Goberno nacionalista volve a agachar a cabeza e mira cara outro lado no que pode ser un grave problema de saúde pública. 

 Reclaman que deixen de darlle ás costas a veciñanza, que se poñan a traballar, que tomen iniciativas sen esperar a que o tempo pase, e que non tomen o pelo con vídeos extemporáneos do Punto Fortaleza, cando a xente está seriamente preocupada pola súa saúde e atópase cun goberno ausente que non está á altura cando se trata do benestar das persoas. 

TUI

A Deputación de Pontevedra concede 160.000 euros ao Concello de Tui para a reforma da contorna da praza de abastos 

Os recursos do Plan +Provincia permitirán ao goberno local completar o financiamento da actuación, que ten un orzamento total de máis de 760.000 €


Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra na rolda de prensa destevenres no Pazo provincial
Foto. D.PO.

Infogauda / Tui

 A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha achega de preto de 160.000 euros para que o Concello de Tui reforme a contorna da praza de abastos de Tui. Trátase de recursos que proveñen da liña 1, de investimentos, do Plan +Provincia. Con eles o goberno local poderá completar o financiamento da actuación, que ascende a 760.000 €.  

 En concreto, as actuacións desenvolveranse na intersección das rúas O Pilar e Hermanos Maristas, así como o espazo urbano existente na parcela da praza de abasto. O proxecto busca a mellora desta contorna mediante a renovación de acabados, mobiliario, sinalizacións e iluminación. Ademais, instalaranse novos servizos como un espazo de gradaría na contorna da praza cuberta, unha zona de recarga de vehículos eléctricos, un área axardinada, unha instalación de aparcamento de bicicletas ou o acondicionamento do espazo dedicado á centralización e clasificación de residuos, entre outros.   

 No que vai de ano, a Deputación de Pontevedra xa aprobou 41 dos 48,2 millóns de euros do Plan +Provincia, co que, en palabras do presidente, Luis López, “seguimos tendendo pontes cos concellos”.

TUI

Convocadas as axudas para a rehabilitación, conservación e mantemento de inmobles na ARI de Tui 

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados a partir de mañá 


Vista aérea de Tui
Foto: C.T.

Infogauda / Tui

 Mañá abre o prazo de presentación de solicitudes das axudas á rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui correspondentes á Fase 15ª.  As bases poden consultarse dende hoxe en tui.gal, na sede electrónica do Concello de Tui e no BOPPO.  

 O obxectivo destas axudas é contribuír á rehabilitación, conservación e mantemento dos inmobles situados na Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui, declarada área de rehabilitación por resolución da Xunta de Galicia do 6 de setembro de 2001. O importe establecido para estas axudas ascende a 61.783€ dos que 51.400 € son financiados polo Ministerio de Fomento, e 10.383 € pola Xunta de Galicia.  

 As axudas consistirán en subvencións a fondo perdido para obras ou traballos de mantemento, mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade, mellora da seguridade de utilización e accesibilidade en vivendas, asesoramento técnico e elaboración de documentación técnica.  

 En concreto serán subvencionables as obras ou traballos de mantemento e intervención nas vivendas unifamiliares e nos edificios, mesmo no interior das vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, co fin de adecualos aos estándares previstos pola normativa vixente, así coma as actuacións de fomento da mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas e as actuacións de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas. Tamén se poderán incluír os honorarios dos profesionais que interveñan, o custo de redacción do proxectos, direccións técnicas ou facultativas, os informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e calquera outro gasto similar, derivado da actuación, sempre que estean debidamente xustificados.  

 Os inmobles para os que se soliciten as axudas deben cumprir coas determinacións do Plan Xeral de Ordenación Municipal, PXOM, e o Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico-Artístico de Tui, PEPCHA.  

 O importe subvencionable será como máximo o 40% do importe total da actuación, e poderá chegar aos 75% se os ingresos da unidade de convivencia son inferiores a 3 veces o IPREM ou se existen persoas con discapacidade ou maiores de 65 anos e se acometan actuacións para a mellora da accesibilidade.  

 En calquera dos casos a axuda non superará os 12 mil euros, para os casos nos que se reduza a demanda enerxética, ou os 8 mil euros para o resto dos casos. No caso de edificios, incrementarase esta contía con 120 euros/m2 de superficie construída de local comercial ou outros usos. No caso de edificios e vivendas declaradas ben de interese cultural, catalogados ou que conten con protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente, incrementarase esta contía en 1.000 euros/vivenda e 10 euros/m2 de local comercial ou outros usos.  

 A presentación de solicitudes, no modelo normalizado xunto coa documentación requirida, pode realizarse dende mañá e durante un prazo de dous meses tras a publicación das bases hoxe no BOPPO. As persoas interesadas poden ampliar esta información na web municipal, co correo ari@tui.gal, ou na Oficina do ARI solicitando cita presencial ou telefónica en citasurbanismo@tui.gal ou no 607 355 841.  

 O próximo venres, 30 de agosto, ás 10 h na radio municipal de Tui haberá unha xornada informativa sobre estas axudas a cargo da técnica da oficina da ARI.  

Bases convocatoria axudas rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito no ámbito da ARI Fase 15.   

VIGO

A Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra recollerán propostas para o plan de usos do Teatro Fraga de Vigo a través dunha caixa de correo virtual

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude e o presidente da Deputación presentaron a campaña ‘O mellor espazo busca o mellor contido’   

As entidades e persoas interesadas poderán enviar as súas ideas e suxestións ata finais de setembro a través do enderezo propostas@teatrofraga.gal


O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José Lopez Campos, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, na presentación da campaña O mellor espazo busca o mellor contido

Foto. X.G.

Infogauda / Vigo 

 A Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra porán en marcha a partir de hoxe unha caixa de correo virtual na que se recollerán propostas, ideas e suxestións que permitan enriquecer o plan de usos do Teatro Fraga de Vigo. Así o anunciaron hoxe o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José Lopez Campos, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, na presentación da campaña O mellor espazo busca o mellor contido

 Tal e como explicou o responsable autonómico de Cultura, as entidades e persoas interesadas poderán enviar as súas achegas ata finais de setembro a través do enderezo propostas@teatrofraga.gal. Trátase dunha medida que, como afirmou, ten por obxectivo “incorporar as demandas da cidadanía e do amplo tecido cultural para construír con eles o mellor proxecto para a cidade de Vigo”. 

 “Hai pouco máis dun mes demos o primeiro paso para recuperar este espazo e agora iniciamos o camiño para establecer en Vigo unha sede permanente de primeiro nivel onde desenvolver actividades de creación e consumo cultural”, destacou López Campos. Nesta liña, engadiu que será un centro de referencia en Galicia e no norte de España “á altura do pulso cultural dunha cidade como Vigo e que dará servizo a un sector que vive un dos seus mellores momentos”. 

Exemplo do compromiso do Goberno galego con Vigo 

 O conselleiro puxo o Teatro Fraga como un exemplo máis do compromiso do Goberno galego coa recuperación do patrimonio para novos usos como xa se fixo coa reforma do Hospital Xeral de Vigo para acoller a Cidade da Xustiza ou como se está facendo na antiga Audiencia Provincial coas obras do Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia. 

 Pola súa banda, o presidente da Deputación, Luis López, destacou a alianza entre os organismos autonómico e provincial para rescatar un inmoble que sumaba máis vinte anos pechado. “Acabouse falar do Fraga como un recordo, toca falar del en clave de futuro. En dúas décadas ninguén foi quen de artellar ese proxecto mentres esmorecían as esperanzas dos vigueses de ver reaberto este cine. Ninguén, pero nós asumimos o reto e puxémonos mans á obra. Primeiro cun acordo de compra asinado con Abanca e, desde logo, coa Xunta de Galicia. Agora toca dar o seguinte paso que, como os anteriores, supón outro exemplo de escoita e seriedade. Acordamos abrir un proceso participativo para que a cultura de Vigo sexa a protagonista”, sinalou o presidente provincial, quen repasou tamén os investimentos comprometidos pola Deputación en Vigo, que superan os 26 millóns de euros no último ano, entre os que sobresae o proxecto de construción da Grada de Gol de Balaídos. 

 Para acadar este obxectivo, segundo precisaron, ambas administracións porán en marcha a campaña O mellor espazo busca o mellor contido, unha iniciativa coa que se abre un proceso de diálogo coa cidadanía e que incluirá, ademais da creación da caixa de correo, a celebración de diversas xuntanzas presenciais con colectivos e representantes do sector cultural e a veciñanza nas que recoller as súas demandas e debater as propostas achegadas a través do enderezo electrónico. “Queremos escoitar a todos os vigueses e viguesas para levar a cabo unha reflexión colectiva sobre o futuro e as oportunidades que se abren coa reapertura deste recurso cultural de gran potencial como son o fortalecemento da industria, o impulso á creación ou o empuxe á oferta cultural”, coincidiron. 

 O antigo Teatro Cine Fraga foi ideado hai máis de 80 anos por encargo de Isaac Fraga Penedo, un dos exhibidores cinematográficos máis importantes de Galicia naquela época. O proxecto conta con máis de 7.000 metros cadrados, nos que se prevé aproveitar ao máximo as instalacións xa levantadas para levar a cabo unha variada programación que incluirá eventos e espectáculos que esixen unhas dimensións como as que ofrece o inmoble, proxectos baseados na exhibición, a creación e a participación ou a instalación de propostas culturais e creativas de relevancia.

VIGO

Desconvocada a folga no mantemento dos parques e xardíns de Vigo tras pactar o convenio  

A asemblea de traballadores/as aprobou hoxe en asemblea o preacordo por unanimidade, que garante poder adquisitivo e melloras laborais 


Asemblea do persoal da UTE Zonas Verdes de Vigo, concesionaria do servizo de mantemento dos parques e xardíns do Concello
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 O persoal da UTE Zonas Verdes de Vigo, concesionaria do servizo de mantemento dos parques e xardíns do Concello, decidiu hoxe por unanimidade en asemblea aceptar o preacordo de convenio asinado onte polo comité porque garante o poder adquisitivo e incorpora melloras laborais. Deste xeito fica desconvocada a folga indefinida que se iniciara o pasado 15 de xullo e se suspendera o día 29 tras alcanzar un principio de acordo coa empresa grazas ao traballo desenvolvido pola mediación do AGA - acrónimo de acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos de traballo -.

 As principais reivindicacións da parte social para o convenio colectivo propio pasaban por manter o poder adquisitivo, elaborar unha lista de contratación e garantir máis postos de traballo indefinidos, ademais de que todas as quendas tivesen o mesmo número de descansos. 

 A falta de acordo coa UTE obrigou os traballadores/as a convocar unha folga indefinida que se prolongou durante 15 días, até que ambas as partes acordaron solicitar a mediación do AGA. A primeira xuntanza celebrouse o pasado 29 de xullo, acadándose un acordo económico que garantía que non se perdese poder adquisitivo, cunha suba do 1,4% e do 1,6% para os anos 2024 e 2025 en todos os conceptos salariais, agás no plus de antigüidade.  

 De xeito que se a 1 de xaneiro de 2026 o IPC fica por riba do 3% a empresa aplicará un incremento adicional dun 1% que irá a táboas. Para os exercicios 2026 e 2027 a suba será do 3% para cada un dos anos, cunha cláusula de revisión a 1 de xaneiro de 2028. O plus de antigüidade revalorizarase un 3% en 2026 e outro 3% en 2027.  

 Este acordo parcial provocou que o persoal optase por suspender a folga até a nova reunión no AGA, que por problemas de coincidencia de datas no mes de agosto retomouse o día 22. Neste último AGA pactouse que o calendario laboral se fará en negociación e acordo coa RLT, no mes de decembro, unha vez publicado o calendario  laboral oficial, equiparando o goce dos días festivos entre as persoas traballadoras na quenda de luns a venres coas persoas que están en quenda rotatoria e asumindo o movemento nas quendas destes últimos se fose necesario para que se dea a equiparación buscada. 

 A elaboración dunha listaxe coas persoas contratadas e outra coas persoas a tempo parcial, incluíndo aquí as contratadas baixo a fórmula de fixxs descontinuas. O movemento dentro destas listas para a cobertura de vacantes que se vaian dando farase, para a contratación indefinida, a través da lista de tempos parciais e fixas descontinuas; e para a vacante deixada na lista de tempos parciais mediante a lista de contratacións. 

 En todos o supostos o cambio de listaxe virá dado seguindo un criterio de antigüidade, que se calculará por días traballados. E sempre que se reúnan os requisitos esixidos para o posto concreto ao que se postula, requisitos que serán baremados baixo criterios exclusivos de obxectividade. 

 Ademais, durante a vixencia do convenio, e co ánimo de mellorar a estabilidade e calidade de emprego, verase incrementada a forza de traballo e formalizaranse catro contratos indefinidos. Destes catro contratos, dous deles subscribiranse coas persoas traballadoras insertas na lista de persoal temporal e fixas descontinuas, conforme a antigüidade contada en días de traballo, sempre tamén respectando os criterios e requisitos obxectivos esixidos para o posto. 

Valoración positiva 

 Tanto a CIG-Servizos como o conxunto dos traballadores/as valoraron positivamente o preacordo asinado, xa que se acadaron todos os obxectivos fixados ao inicio da negociación, ao tempo que se lle reclamou á empresa que non tome represalias coas persoas traballadoras, evitando calquera sanción derivada da folga. 

 Dende a CIG fan especial fincapé na unidade e a valentía amosada polo cadro de persoal durante o conflito, que foi quen de sacar adiante unha folga indefinida. E salientan que se lograse o obxectivo de garantir a estabilidade do emprego facilitando que as persoas con contratos a tempo parcial e fixo descontinuo teñan a oportunidade de pasar a tempos completos “nun contexto no que a liberdade de contratación precaria dificulta poder ter un salario digno e de calidade”. 

 Neste senso, inciden en que sen a conflitividade é imposíbel conquistar melloras laborais e salariais, “algo que este colectivo profesional está a demostrar continuamente, xa que grazas ás diferentes folgas goza dun convenio moi digno”. Finalmente critican o papel que xogou o Goberno local durante todo o conflito, xa que a pesar de tratarse dun servizo dependente do Concello “non fixo nada por desbloquear a situación, máis ben todo o contrario, chegando incluso a expresar ameazas e descualificacións ao conxunto do persoal por facer uso do dereito de folga”.

VIGO

Novo anuncio propagandístico do Concello de Vigo sobre as ofertas de emprego público 

A CIG denuncia que o Goberno local volve aprobar bases de convocatoria de prazas cando as de bombeiros non abriron nin o prazo de solicitude 


Casa do Concello de Vigo
Foto: CIG

Infogauda / Vigo 

 A sección sindical da CIG no Concello de Vigo denunciou hoxe un novo “anuncio propagandístico” do Goberno local a respecto do emprego público, despois de que o alcalde dese conta no día de onte da aprobación das bases para as prazas das ofertas dos anos 2020-2021-2022. Dende a central lembran que as bases da convocatoria das prazas de bombeiros correspondentes ás ofertas destes mesmos anos foron aprobadas hai sete meses “pero a día de hoxe nin se abriu o prazo de solicitudes”.   

 Por iso a CIG censura  que o propio alcalde comparecese diante dos medios de comunicación para explicar a decisión da Xunta de Goberno Local (XGL) “no seu ton habitual, do que pode deducirse que se trata dun caso extraordinario e único, resultado dunha xestión impoluta, e que a convocatoria será inminente”.  

 Mais para a central sindical trátase dunha nova “manipulación da realidade, pois a experiencia nestas cuestións é a que é”. E pon como exemplo o que acontece coas bases  da convocatoria das prazas de bombeiro correspondentes ás ofertas destes mesmos anos, que foron aprobadas na XGL o pasado 19 de xaneiro, “e que a día de hoxe, sete meses despois, aínda non se abriu nin o prazo de solicitudes, nin se sabe cando se vai abrir”. 

 Neste senso, lembra que a propia lei determina que as ofertas de emprego deben de executarse nun prazo máximo de tres anos, “polo que alguén debera de lembrarlle ao alcalde que o ano 2024 vai camiño de rematar e o proceso aínda está na súa fase inicial”. Ao tempo que sinala que hai traballadores/as interinos/as con cargo a estas prazas que se atopan a piques de cumprir os tres anos de máximo que marca a lexislación, polo que de non convocarse xa, terían que irse ao paro”.

 A sección sindical da CIG no Concello de Vigo leva anos reclamando que as convocatorias das ofertas de emprego se fagan dentro do ano, “por iso parécenos un insulto que se venda como boa xestión de Persoal, cando a realidade é outra, como o demostran os datos”.  

- Hai un total de 208 prazas pendentes de convocar correspondentes ás ofertas dos anos 2020-21-22 e 23, restadas as de Policía, que van ao día desde que as oposicións se realizan na AGASP, polo que habería moitas máis prazas pendentes.  

- A estas prazas vacantes hai que engadirlles as producidas por xubilacións durante o ano 2023, e as deste ano 2024.  

- A todas estas vacantes hai que sumarlles outras 95 convocadas na oferta extraordinaria de estabilización que aínda está en proceso.   

 Esta “nefasta xestión” en materia de persoal tradúcese nunha elevada porcentaxe de vacantes que, entra outras problemáticas, provoca que o persoal en activo teña que desempeñar funcións que non lles corresponden; que se pechen servizos, como acontece de xeito habitual co parque de bombeiros de Coruxo; ou que a cidadanía teña que facer colas para ser atendida. “Como se pode considerar boa xestión que queden sen gastar un total de 53 millóns de euros das partidas de persoal nos últimos cinco anos? Estaría ben saber a que se dedican estes cartos”.  

PONTEVEDRA

A Deputación de Pontevedra aconsella favorecer a circulación do aire arredor dos acios para conter a botrite 

O persoal de Areeiro lembra que as condicións meteorolóxicas previstas esta fin de semana son favorables á aparición deste fungo, malia que a situación xeral nesta campaña sexa boa e a súa aparición fose unicamente puntual 


 Acios con diferente grao de madurez
Foto: D.PO.

Infogauda / Pontevedra 

 A Deputación de Pontevedra, a través da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, advirte da necesidade de atender as precipitacións previstas para este venres e este sábado 23 e 24 de agosto á hora de observar posibles avances en enfermidades e fungos como o mildio ou, especialmente, a botrite. 

 Malia que non se observaron apenas síntomas novos de mildio, pois os acios xa non son susceptibles a esta enfermidade (exceptuando rebuscos neoformados tras os despuntes, ou os que seguen estando verdes sen madurar), e coa vendima próxima non se agardan problemas de falta de maduración por defoliación, naquelas viñas que teñen máis danos en folla e aínda queda moita vexetación fotosinteticamente activa, cómpre manter a vixilancia especialmente nas variedades tardías ou nos predios de zonas máis frescas. 

 Pola contra, as nubes previstas para estes días, co incremento da humidade e as altas temperaturas, si se pode favorecer o patóxeno do oídio, pero os síntomas que poidan aparecer serán contidos a partir do domingo, pois volverá o tempo seco e solleiro, que non favorece a súa xerminación. No caso da botrite, as condicións do verán fixeron que a situación xeral sexa boa e a presenza unicamente puntual, mesmo nas viñas sen tratamento e nos acios de variedades sensibles. Porén, o fungo está á espera de condicións favorables e estas pódense dar nos próximos días. Débese incrementar a vixilancia e continuar cos labores de xestión da viña que favorezan unha boa circulación do aire arredor dos acios. Se non é suficiente, polo incremento da humidade ao tratarse dun viñedo sensible, existen produtos naturais para limitar a aparición deste fungo. 

 No caso da flavescencia dourada, Areeiro lembra que a loita fronte a ela é obrigada, pero observou unha carencia de aplicación de medidas por descoñecemento ou falta de costume, co que nalgunhas trampas aínda se captura un número elevado de adultos. Coa vendima próxima non é conveniente aplicar tratamentos insecticidas, pero pódese reducir a poboación instalando trampas amarelas. Tamén é imprescindible o arranque e destrución das viñas afectadas, pensando tanto no viñedo particular como no conxunto da viticultura. 

 En canto ao mosquito verde, viuse un incremento excepcional de capturas na zona do Salnés, e considérase unha praga secundaria pola existencia de abundante volume de vexetación. Ao estar próxima a vendima, non serían de agardar danos destacables en viñas con menor volume de follas. Respecto á avelaíña da uva, a situación actual non é problemática, e tampouco se recibiu información sobre casos graves. Por último en canto á viña, en moitas parcelas apareceu un secado das marxes das follas e dunha tonalidade máis clara diante da zona necrosada. Seguirase a súa evolución, xa que malia atribuírselle ao mosquito verde, apareceu en viñedos sen capturas deste insecto e son compatibles coa carencia de potasio. 

 No apartado de árbores froiteiras, lémbrase que na campaña anterior moita colleita foi estragada pola mosca mediterránea da froita: esta semana observáronse caer os primeiros adultos desta especie. En predios con poboacións importantes desta praga o ano pasado, é conveniente actuar xa para reducir a poboación. Entre as medidas, destacan a colocación, mellor fóra das árbores, de trampas con atraentes; a retirada e eliminación da froita picada ou con danos e dos restos de froita da parcela; e a aplicación de tratamentos insecticidas respectando escrupulosamente o prazo de seguridade nas variedades de recolección próxima. Por último, os froitos afectados por fungos de podremia deben ser retirados tanto do solo como das árbores, para evitar que se vaian estendendo e que incrementen o nivel de inóculo para a campaña seguinte.