23 de ago. de 2024

DEPORTES

O Rosal xa está listo para acoller o XXXII Trofeo Ciclista Pista de As Faias  

Esta cita dará comezo este sábado, ás 16.00 horas, e reunirá a 160 participantes 

 

A alcaldesa e o concelleiro de Deportes, con directivos e membros do Club Ciclista do Rosal, na presentación da XXXII edición do Trofeo Pista das Faias
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal 

 Este sábado, 24 de agosto, ás 16:00 horas, O Rosal celebrará sobre rodas a XXXII edición do Trofeo Pista das Faias. Esta competición, que está organizada polo Club Ciclista do Rosal e co apoio do Concello e da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xoán de Tabagón, contará con 160 ciclistas de diversas idades. 

 Entre as categorías que podemos atopar no trofeo están as de promesa, principiante, alevín, infantil e cadete, todas elas en masculino e femenino, así como categoría junior feminina. En canto as probas que se desenvolverán, os máis pequenos realizarán un circuito de xincana e os maiores, pola súa parte, competirán en pista. 

 Cabe destacar tamén que, esta será unha proba pouco habitual dentro do calendario da Federación Galega de Ciclismo ó desputarse nas categorías infantil, cadete e junior (tanto masculino como feminino) tandas de eliminación americana.  

 Esta iniciativa, que se consolida unha vez máis como un evento de referencia no ciclismo galego, “é posible realizala grazas á implicación dende fai anos do Club Ciclista O Rosal no ámbito deportivo, inculcando dende pequenos o esforzo e a paixón polo deporte das dúas rodas”, tal e como coinciden a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís e o concelleiro de Deportes, José Carlos Martínez Crespo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario