A AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE TOMIÑO ESIXE INFORMACIÓN SOBRE O ESTADO DA AUGA NAS PRAIAS FLUVIAIS DO CONCELLO
Infogauda / Tomiño
“Ante as informacións publicadas nestes días pola Agéncia Portuguesa do Ambiente (APA) comunicando a contaminación microbiolóxica da agua na praia fluvial da Lenta (Vila Nova de Cerveira) e desaconsellando o baño na mesma”, as concelleiras Mª Violeta de Santiago Moire e Mirta Isabel Misa Misa, do grupo municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Tomiño esixen “que se realicen as analíticas pertinentes e que os resultados se fagan públicos coa maior celeridade.”
“A preocupación e a alarma social está a crecer de maneira exponencial, especialmente en persoas usuarias da praia fluvial de Goián, e xa están denunciando moitos casos de doenzas gástricas e cutáneas entre os bañistas, sen ter ningunha comunicación nin información oficial ó respecto.”
As concelleiras socialistas manifestan a súa “perplexidade e indignación ante o silencio por parte de quen nos goberna e comprobamos como unha vez máis, este Goberno nacionalista volve a agachar a cabeza e mira cara outro lado no que pode ser un grave problema de saúde pública.”
Reclaman “que deixen de darlle ás costas a veciñanza, que se poñan a traballar, que tomen iniciativas sen esperar a que o tempo pase, e que non tomen o pelo con vídeos extemporáneos do Punto Fortaleza, cando a xente está seriamente preocupada pola súa saúde e atópase cun goberno ausente que non está á altura cando se trata do benestar das persoas.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario