2 de dec. de 2024

O BAIXO MIÑO

15 COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN ÚNENSE PARA PROTEXER O BAIXO MIÑO 


Vista parcial de Salcidos co monte Torroso como pano de fondo, dunha paisaxe económica, física e humana na que tanto todas as administracións, como todos os axentes sociais deberan estar involucrados
Foto: Infogauda

Infogauda / O Baixo Miño

 15 Comunidades de Montes  Veciñais en Man Común dos concellos de A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui,   veñen de creaa a Mancomunidade de Montes do Baixo Miño “para afrontar retos comuns e reforzar a loita contra os grandes incendios forestais”. 

 As Comunidades de Montes Veciñais en Man Común desta comarca xestionan directamente unhas 15.000 has., case a metade da superficie total do territorio e conforman unha continuidade xeográfica na que un lume pode chegar a todas, independentemente de donde se orixine. 

 Desde a recén creada  Mancomunidade de Montes do Baixo Miño lembran que “a traxedia dos incendios do 2017 en Pontevedra e Portugal (300.000 has.) segue presente na memoria colectiva, e dende aquela aconteceron grandes incendios forestais (GIFS) en Gran Canaria (10.000 has.), Doñana (8.000 has.), Ávila (22.000 has.), Serra da Culebra (22.000 has.), Castellón (19.000 has.), Tenerife (13.000 has.) e neste 2024 os incendios de Portugal con 120.000 has. arrasadas. Todos eles lumes de 6ª xeneración, nos que morreron 77 persoas, polo que é obrigado mudar o xeito de enfrentarnos os lumes futuros. Os científicos levan tempo alertando de que estes lumes son cada vez mais grandes, virulentos e duran mai no tempo

 As Comunidades de Montes asociadas á Mancomunidade do Baixo Miño comprométense “a poñer todos os recursos e esforzos para minimizar os riscos e previr situacions similares. Nesta liña a Mancomunidade está xa a colaborar en proxectos como o FIREPOCTEP+ coa universidade de Vigo, cara a identificación dos puntos estratéxicos mais vulnerables á propagación do lume.  

 Finalmente “a Mancomunidade considera imprescindible que as admistraccións muden o actual modelo orzamentario, baseado na extición, cara outro que incida na prevención e na silvicultura activa. Para isto organizará reunions coas diferentes administracións co fin de reverter unha tendencia na que cada ano se adícans máis esforzos a loita contra o lume e menos a súa prevención.

Ningún comentario:

Publicar un comentario