22 de nov. de 2024

TUI

Tui recoñece o labor dos tres voluntarios de Protección Civil que estiveron en Valencia 

  Óscar Rovira, Ali Prieto e José Carlos Amandi, formaron parte do operativo de emerxencias que se desprazou a Alfafar e Paiporta 

 

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto a membros da corporación municipal, recibiu a Óscar Rovira, Ali Prieto e José Carlos Amandi no Salón de Plenos da Casa do Concello
Foto: C.T.

Infogauda / Tui

 No Salón de Plenos da Casa do Concello de Tui tivo lugar hoxe a recepción aos tres voluntarios da Agrupación de Protección Civil de Tui que formaron parte do operativo de emerxencias desprazado a Valencia tras a DINA.  

 O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto a membros da corporación municipal, recibiu a Óscar Rovira, Ali Prieto e José Carlos Amandi, como xesto de agradecemento e recoñecemento ao seu labor de apoio ao pobo de Valencia.  

 “Queremos visibilizar, unha vez máis, o voso sacrificio diario para tratar de axudar aos demais, como neste caso concreto na Comunidade Valenciana”, explicaba o alcalde. “Reitero a gratitude, en nome do Concello de Tui, porque reforzades a visión tan positiva que temos dos voluntarios e voluntarias de Protección Civil”.   

 Óscar Rovira, un dos tres voluntarios, explicou o labor que realizaron durante cinco días nos municipios de Alfafar e Paiporta baleirando baixos de casas, vivendas, rúas, garaxes, centros educativos,...

Ningún comentario:

Publicar un comentario