O PSdeG-PSOE denuncia favoritismo no Viveiro Municipal
Os socialistas do Porriño lamentan que non todos os emprendedrores teñan a mesma igualdade de oportunidades
Tamén rexistraron dúas mocións referentes a catástrofe de Valencia e propostas polo Día Internacional Contra a Violencia de Xénero
O PSdeG-PSOE de O Porriño denuncia a mala xestión e a falta de transparencia na administración do Viveiro Municipal de Empresas, un recurso público que debería servir de trampolín para os emprendedores locais, pero que hoxe está colapsado por anos de favoritismos e desorganización.
O Viveiro foi creado para apoiar a creación de novas empresas no seu inicio, cun límite máximo dun ano en réxime de cesión en precario, asegurando unha rotación que permitise a entrada de novos proxectos. Sen embargo, o goberno local permitiu que empresas que xa superaron amplamente ese prazo sigan ocupando os espazos, deixando fóra aos emprendedores que, por falta de recursos económicos, non poden permitirse un local comercial en alugueiro. Ademáis tamén existen empresas consolidadas que, aínda que non ocupan viveiro, contan con domicilio local no mesmo.
“Non é aceptable que un recurso público como o Viveiro Municipal sexa utilizado de forma irregular, sen cumprir cos prazos establecidos, mentres os novos emprendedores quedan fóra, precisan oportunidades reais, non promesas baleiras” destaca o portavoz do PSdeG-PSOE do Porriño, David Alonso “o Concello permite a ocupación dos viveiros pasado o límite de un ano estipulado, algúns levan xa un quinquenio”.
Deste xeito, os socialistas propoñemos convocatorias públicas e transparentes para asignar os espazos do Viveiro Municipal, cumprimento dos prazos de ocupación, prioridade en proxectos liderados pola mocidade ou a reubicación de entidades municipais que ocupan viveiros de xeito irregular.
Moción de apoio a Valencia
Os socialistas solicitarán neste Pleno Ordinario de Novembro, destinar unha porcentaxe do Orzamento municipal, aproximadamente o 0,2% do total, o que representa arredor de 40.000 €, para apoiar ás familias e negocios afectados polas riadas na comunidade valenciana e comprometer deste xeito esta cantidade a través dunha re-asignación orzamentaria, propoñendo reducir o gasto destinado ás festas de Nadal, co obxectivo de priorizar esta axuda humanitaria urxente. Neste senso, a concelleira do PSdeG-PSOE, Sthela Mª Táboas agarda se resposte no Pleno á pregunta que se inclúe nesta moción sobre si “¿os seis axentes da Policía Local e dous operarios municipais que se trasladaron á Benetússer foron de xeito totalmente solidario e voluntario, ou pola contra cobrarán horas extraordinarias e dietas?”.
Moción polo Día Internacional Contra a Violencia de Xénero
Conmemorando o 25N, dende o PSdeG-PSOE transmitiremos unha batería de propostas, das moitas que quedan or avanzar nesta lacra social que, dende o ano 2003, leva acabado coa vida de 1.284 mulleres. Propoñemos ao Concello do Porriño estreitar a loita contra todas as expresións da violencia machista, iniciativas educativas en igualdade e prevención especial na infancia, adolescencia e mocidade, campañas de sensibilización e información dirixidas aos diferentes sectores de poboación ou a adhesión ao “Protocolo de actuación contra as violencias sexuais e LGBTI fóbicas nos espazos de lecer nocturno” da Xunta de Galicia, entre outras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario