A Asociación San Xerome lidera o proxecto ERASMUS+ “ExpresArte: Expresión artística sen fronteiras”
• A través deste proxecto, as persoas con discapacidade crean novos vínculos, viven unha cultura diferente, potencian os seus talentos e descobren outros novos
Asociación San Xerome / A Guarda
Tras o éxito dos dous proxectos anteriores de Erasmus +, a Asociación San Xerome recibe novamente durante unha semana a un grupo de persoas da Associazione Pegaso Onlus para vivir unha experiencia de inclusión única e inesquecible. Esta convivencia está cofinanciada polo Programa Erasmus+ Mocidade.
O proxecto leva como nome “ExpresArte: Expresión artística sen fronteiras” e o seu obxectivo principal é proporcionar ás nosas mozas e mozos con diversidade intelectual a oportunidade de compartir unha experiencia de intercambio xuvenil internacional único para elas/es. Este intercambio de culturas utiliza a música, o teatro e as artes como medio de comunicación, sen límites físicos, intelectuais, sensoriais nin lingüísticos.
Desde o domingo 6 ao domingo 13 de outubro, un grupo formado por 48 persoas ─25 mozos con discapacidade coas súas respectivas persoas acompañantes─ vivirán unha experiencia única e irrepetible en Galicia, realizando diversas actividades vinculadas ás artes e creando novas amizades. Estas actividades realízanse a través dos servizos das diferentes entidades que forman parte do proxecto e explorarán as oportunidades que a contorna cultural ofrécenos.
As entidades que formamos parte do proxecto ERASMUS+ ExpresArte somos: ACCESCA (Porriño); AMICOS (Boiro); APAMP (Vigo); ASPABER (Carballo); CENTRO JUAN MARÍA (Nigrán); Fundación IGUALARTE (Vigo); Fogar e Clínica San Rafael (Vigo); xunto coa entidade italiana Associazione Pegaso Onlus (Bisceglie, Bari) e San Xerome Emiliani (A Guarda) como Asociación que lidera o proxecto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario