FÚTBOL
1ª Autonómica Grupo 6
O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ AO DOMAIO, F.C.
• Este domingo, 12 de xaneiro, ás 16:30 horas, no estadio municipal A Sangriña
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
O Sporting Guardés prepárase para recibir ao Domaio, F.C., no encontro correspondente a 17ª xornada da 1ª Autonómica Grupo 6. Será este domingo día 12 de xaneiro, ás 16:30 horas, no estadio municipal A Sangriña.
Compre lembrar que nas dúas xornadas precedentes, disputadas os días 15 e 21 de decembro último, o equipo de A Guarda colleitou dúas vitorias: (3-0), na Sangriña, fronte ao Alertanavia; e (2-5), no feudo do SCD Milagrosa. Foi un bo xeito de poñer á arbore de Nadal.
Pola súa banda, o Domaio, F.C. logrou un empate (2-2), no campo do R. Castrelos; e asumiu unha derrota no seu feudo (1-3) fronte ao Erizana, C.F..
No que respecta a clasificación provisional, o Sporting Guardés atópase situado na 5ª praza, e o Domaio, F.C., no posto 16º da táboa. A diferencia é moi evidente.
En todo caso, os xogadores do Sporting Guardés saben perfectamente cal é o seu obxectivo: xogar do mellor xeito posible, sen confiarse, e procurar amarrar os puntos en xogo. Non hai adversario pequeno.
As celebracións do nadal xa remataron. Debemos estar coa mellor disposición para este 2025.
E para que o equipo de A Guarda ofreza súa mellor versión, é moi importante que os seareiros guardesistas animen, deportivamente, desde as bancadas do estadio municipal A Sangriña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario