7 de xan. de 2025

DEPORTES

Álex Sierpes Pereira proclámase campión galego de cros, na categoría Sub18 masculina 


Álex Sierpes Pereira xunto seu irmán Christian, no circuíto do Aguillón (A Rúa), amosando a medalla de ouro que lle valeu o título de campíon galego de cros, na categoría Sub18 masculina
Foto: Cedida

Redacción Deportes / A Guarda

 Este pasado día 4 de xaneiro, o circuíto da área recreativa do Aguillón, no concello de A Rúa (Comarca de Valdeorras), celebrouse o campionato de Galicia de campo a través federado, tanto individual como por equipos, clasificatorio para os seus respectivos nacionais das categorías Sub16, Sub18, Sub20, Sub23 e absoluta. 

 Os irmáns Christian e Álex Sierpes Pereira víronse as caras na mesma proba onde a Federación Galega de Atletismo agrupa ás dúas categorías Sub18 e Sub20, para disputar os correspondentes títulos. 

 Por diante tiñan que percorrer 3 voltas grandes ao circuíto cunha distancia total de 5.200 metros. 

 O máis salientable e destacado foi que Álex Sierpes, coroouse na primeira posición en liña de meta cun tempo de 15´26" na xeral das categorías, dos nados en 2006, 2007, 2008, 2009 onde se atopaban atletas de talla, como o segundo clasificado en meta, Iker Fernández Corresido (2007), internacional no pasado europeo de pista aire libre na proba dos 1.500 metros; e en 3ª posición entraría o triatleta campión do mundo Lucas García  Picón (2007), seguido moi de preto na recta final entrando a sprint por meta, en cuarta posición, o internacional medallista do campionato Europeo de Trail,  Asheber Díaz (2007), e en quinta posición, o multimedallista nacional lucense Teo de Frutos (2007), nunha carreira rebordante de renomes que está a marcar actualmente a xeración de ouro en canto ao atletismo galego. 

 Dese xeito, e coas cores do Vicky Foods Athletics, o atleta Álex Sierpes Pereira (A Guarda, 2008), consegue a medalla de ouro e o título de campíon galego de cros, consolidando o seu status na categoría xuvenil (Sub18). 

 Álex Sierpes reivindícase unha vez máis, nas categorías Sub18 e Sub20 logrando entrar co mellor tempo da proba, cun soberbio ataque afastado.  

 Doutra banda, Christian Sierpes (A Guarda, 2007) faría top 10 na categoría Sub20, tamén no debut da súa nova categoría. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario