7 de xan. de 2025

A GUARDA

A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE A GUARDA CONVOCA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 

 Para o sábado 18 de xaneiro de 2025, con inicio ás 14:00h en primeira convocatoria e ás 16:00h en segunda convocatoria, no Salón de Plenos do Concello de A Guarda



Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de A Guarda

 Convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de A Guarda o sábado 18 de xaneiro de 2025, con inicio ás 14:00h en primeira convocatoria e ás 16:00h en segunda convocatoria no Salón de Plenos do Concello de A Guarda. 

Puntos na orde do día: 

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea Xeral Extraordinaria do 3 de agosto de 2024 

2. Altas e baixas e actualización de persoas comuneiras 

3. Informe sobre a xestión realizada pola Xunta Reitora 

4. Balance de Contas do ano 2024 

5. Previsión de gasto para o ano 2025 

6. Autorización á Xunta Reitora para a solicitude de subvencións en beneficio do monte para o ano 2025 

7. Autorización á Xunta Reitora para a corta de madeira no monte comunal 

8. Aprobación se procede para iniciar a auditoría pola AGC - Auditora Galega de Contas 

9. Renovación, se procede, da servidume de paso para a liña eléctrica da Gasolineira San Roque, nas Loucenzas 

10. Renovación, se procede, da concesión do Restaurante Mar y Cielo 

11. Adhesión á Mancomunidade de Montes do Baixo Miño 

12. Rogos e preguntas. 

 E, para que así conste, firmando a presente convocatoria en A Guarda, a 01 de xaneiro de 2025. 

Noé Ferreira-Rodríguez 

Presidente 

Beatriz Mauri Martínez 

Secretaria 

Ningún comentario:

Publicar un comentario