21 de ago. de 2024

EMPREGO

O Rosal crea unha bolsa de emprego para o posto de oficial de obras  

 As persoas interesadas poden presentar a súa solicitude ata o día 26 de agosto  


Fonte: C.O.R.

Infogauda / O Rosal 

 O Concello do Rosal vén de poñer en marcha un proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego para o posto de oficial de obras mediante sistema de oposición. O obxectivo desta convocatoria é “dispoñer dunha listaxe de traballadoras e traballadores que nos permita cubrir as necesidades temporais de persoal que poidan xurdir, como cubrir baixas, vacacións, permisos ou o reforzo puntual do servizo por aumento de traballo... Deste xeito podemos garantir o bo funcionamento de tódolos servizos administrativos municipais”, destaca o concelleiro de Vías e Obras, Germán Fernández Rodríguez. 

 As persoas interesadas en participar neste proceso deberán achegarse ata o Concello do Rosal, onde se lles facilitará a información correspondente para formar parte do proceso selectivo. O prazo para isto será o vindeiro luns, día 26, este incluído. 

 Cabe mencionar que, as persoas candidatas deberán estar en posesión ou en condicións de obter, na data en que remate o prazo de presentación de instancias, a titulación de Educación Secundaria Obrigatoria (E.S.O.) ou equivalente.  

 Ademais, é indispensable tamén estar en posesión ou en condicións de obter antes do remate do prazo de presentación de instancias o CELGA 3, así como o carné de conducir tipo B. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario