14 de ago. de 2024

A GUARDA

Magín Picallo e Berto Franco van inaugurar unha exposición conxunta    

O venres 16 de agosto ás 20:30 na Casa dos Alonso, e estará aberta de 9 a 14 horas de luns a venres ata o día 30 de agosto




Infogauda / A Guarda  

 A Casa dos Alonso vai acoller unha nova exposición este verán. Desta volta, serán os debuxos de Berto Franco e as esculturas de Magín Picallo.  

  A exposición inaugurarase o venres 16 de agosto ás 20:30 na Casa dos Alonso e estará aberta de 9 a 14 horas de luns a venres ata o día 30 de agosto.

Magín Picallo 

 O escultor Magín Xulio Picallo Durán, con residencia e obradoiro en Goián (Tomiño) conta cunha coñecida obra na vila guardesa, como o monumento ó poeta Feliciano Rolán, ubicado diante do Centro de Saúde; o monumento do Guerreiro castrexo, na subida do Monte Santa Trega; o monumento ó Mariñeiro desaparecido, na Ribeira; o monumento a don Nicolás Gutiérrez Campo, diante do C.E.I.P. Plurilingüe As Solanas - Nicolás Gutiérrez Campo; ou o monumento ao doutor Joaquín Lemos Zunzunegui (Tito Lemos), situado na praza que lembra ao prezado médico.

Berto Franco

 Luis Alberto Franco Lomba (Berto Franco), é un prestixioso debuxante de A Guarda, autor de numerosos carteis e portadas do libro-programa das Festas do Monte Santa Trega. 

 Por motivos profesionais, Berto Franco está afeito ao deseño industrial, onde os detalles son os que lle importan. Pormenores, e tamén perspectiva, son característicos da súa obra artística, interesado a día de hoxe, na beleza da arquitectura urbana.

Magín Picallo e Berto Franco

Ata o 30 de agosto, de 9:00 a 14:00 horas.

Casa dos Alonso (praza do Reló) A Guarda


Ningún comentario:

Publicar un comentario