13 de ago. de 2024

A GUARDA

A TIRADA DE FOGOS DE LUCERÍA DAS FESTAS DO MONTE SANTA TREGA, UN NOVO ÉXITO

Miles de persoas presenciaron o espectáculo pirotécnico desde diversos lugares da vila


Fotos: Infogauda


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Ás 24:00 horas, de onte luns, día 12 de agosto, no porto de A Guarda, deu comezo á tradicional tirada de fogos de lucería das Festas do Monte Santa Trega. Un espectáculo pirotécnico, que como en edicións precedentes, contou cunha importante afluencia de público proveniente de toda a contorna do Baixo Miño, e foi seguido por millares de persoas, situadas en diferentes lugares do porto de A Guarda e mesmo desde o Monte Santa Trega. Dese xeito todo o mundo gozou coa contemplación dos diferentes tipos de fogos e unha heteroxénea gama de cores e de efectos, espellándose na lámina de auga da badía guardesa, nunha noite cunha temperatura óptima e na que todas as persoas asistentes gozaron co evento, con ledicia e tranquilidade.

 Ao remate da sesión pirotécnica, o respectable público premiou cos seus aprausos á Comisión de Festas do Monte Santa Trega, 2024,

Ningún comentario:

Publicar un comentario