8 de ago. de 2024

A GUARDA

FESTAS DO MONTE SANTA TREGA: A ILUSIÓN DE TODA Á COMARCA  

 Este sábado día 10 de agosto, ás 11:30 h., desde á Alameda, dará comezo o Desfile Folclórico Tradicional e das Bandas Mariñeiras


Grupo de gaitas do Club de Pensionistas e Xubilados de A Guarda
Fotos: Infogauda
Grupo de gaitas A Seneira


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Desde o día 5 - e ata ó 15 de agosto -, A Guarda está celebrando con grande animación ás Festas do Monte Santa Trega 2024: onde conflúe a ilusión de toda unha comarca. 

 Son, sen lugar a dúbidas, ás máis agardadas por milleiros de persoas que ó longo de todo o ano atópanse fora da súa terra e tamén polas que residen eiquí.    

 As Festas do Monte Santa Trega - que contan coa decraración de Festas de Interese Turístico Galego, ainda que reúnen méritos máis que suficientes para seren recoñecidas como Festas de Interese Turístico Nacional e mesmo Internacional -, xeran unhas potentes sinerxias - cultural, económica, social e turística -, non soio no termo municipal de A Guarda, senón en toda á contorna.   

 Son uns festexos cunha ampla programación, na que teñen cabida actividades culturais, deportivas, festivas, gastronómicas,..., e nas que todo o mundo pode participar, porque hai sitio para todos.  

DESFILE FOLCLÓRICO TRADICIONAL E DAS BANDAS MARIÑEIRAS 

 Un dos eventos máis salientables das Festas do Monte Santa Trega é o Desfile Folclórico Tradicional e das Bandas Mariñeiras, que terá lugar este sábado día 10 de agosto, a partir das 11:30 horas, desde á Alameda ata o porto pesqueiro.  


Artesanía. beleza e tradición no Desfile Folclórico das Festas do Monte Santa Trega
Mulleres, homes e nenas/os con variedade de traxes rexionais galegos

Grupo guardés de música tradicional


 Desde este xornal dixital transfronteirizo animamos a toda á veciñanza e visitantes da comarca do Baixo Miño a sacar da arca ou do roupeiro, seus traxes rexionais, e desfilar con eles para goce persoal e para ademiración de todo o respectable público, entre o cal haberá centenares de visitantes que se achegan ata nosa vila.

AS BANDAS MARIÑEIRAS, COLECTIVOS INSUBSTITUÍBLES

 A Banda Negra - decana das bandas mariñeiras -, a Banda Mau-Mau. a Banda Roxa, Banda Os Perdidos,.., son, entre outras, que xurdiron despois, colectivos humanos moi heteroxéneos, xa que seus compoñentes - mulleres e homes de todas ás idades - proceden de diversos barrios das tres parroquias de A Guarda.   


Membros da banda Os Perdidos no Desfile do Sábado do Monte
A banda Os da Corea desfilando coa súa indumentaria e seu ritmo característicos


 Ao igual que as demais formacións, as bandas mariñeiras podemos decir que son as herdeiras das treboadas do Baixo Miño - semellantes aos Zés Pereiras, do Alto Minho lusitano -, que ata os anos 70 do pasado século, eran - ademais, no seu tempo, do relembrado gaiteiro guardés Serafín Álvarez Cividanes "O Tío Lancha" e seus fillos -. as que ceibaban as notas musicais na romaría do monte Santa Trega. 

 As bandas mariñeiras comezaron participando no desfile folclórico tradicional, como grupos de percusión (bombos, caixas, cunchas, pandeiretas, tambores,...) para máis adiante, paulatinamente, incorporar gaitas do país. Desde fai xa varios lustros iso é unha grata realidade, e por esas razóns - entre outras -, as bandas mariñeiras e as que se foron sumando no tempo, son colectivos insubstituíbles.

"O DOMINGO DO MONTE"   

 O Día Grande das Festas do Monte Santa Trega, é - como acertadamente adoitamos decir os guardeses e veciños dos pobos próximos - "O Domingo do Monte". Nesa xornada festiva milleiros de romeiros, suben ata o cumio do Trega, onde terá lugar o xantar enxebre, a "troulada", o "forrobodó", a "xura",..., e logo a "baixada", ata O Montiño, para a merenda-cea, e a posterior "desfeita".    

 "O Domingo do Monte", é un cúmulo de sensacions, de sabores, de vivencias,..., que non se pode descreber con verbas. Hai que vivilo.

FOGOS DE LUCERÍA  

 Como vén sendo tradicional, o luns día 12, ás 24:00 horas, no porto de A Guarda, haberá unha gran tirada de fogos de lucería. Será - se  o neboeiro non fai acto de presenza - un espectáculo que atraerá a moitísimas persoas de toda á comarca, pois o emprazamento dos morteiros - no contradique de Punta Xenete - non pode ser máis fermoso. Dese xeito, se todo resulta propicio, será unha noite memorable.  


Os fogos de lucería das Festas do Monte Santa Trega: un dos eventos que máis público mobiliza


 Asemade, nesa mesma noite, na Alameda, haberá un pica discos que porá música para todos os públicos.

 O martes, día 13, desde ás 23:00 horas, tamén na Alameda, actuación de Copa Rota e un pica discos.

 E o mércores día 14, ás 22.30 horas, na Alameda, actuación do Grupo Bahía e o pica discos Kola.

VELADA DE BOXEO E HOMENAXE AOS NOSOS CAMPIÓNS

 E como todo o que comeza remata, ás Festas do Monte Santa Trega 2024, concluirán oficialmente o xoves día 15, cunha velada de boxeo Galiza-Portugal, con 9 combates e 3 asaltos, así como unha homenaxe aos nosos campións Fernando Bernárdez, Esteban Doiro e Carlos Miguel.

 Será no pavillón municipal A Sangriña, a partir das 20:00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario