CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DA GUARDA
Os e as abaixo asinantes, todas e todos elas/eles comuneiras/os de pleno dereito da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Guarda e constituíndo máis do 20% do censo de comuneiros/as, en exercicio do dereito que lles atribúe o artigo 40.2 do Decreto 260/1.992 do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e non habendo sido atendida a solicitude de celebración de Asemblea que se tiña formulada á Xunta rectora dentro do prazo legalmente establecido, convocan a todas/os as/os comuneiras/os da Comunidade de Montes a celebración da Asemblea Extraordinaria o próximo día 18 de maio ás 16 horas en primeira convocatoria, e ás 18 horas en segunda convocatoria, no Casino da Guarda (Trav. Troncoso, 2) , co obxeto de tratar a seguinte ORDE DO DÍA:
1º.- Remoción da actual Xunta Rectora da Comunidade de Montes.
2º.- Elección de Nova Xunta Rectora, se procede.
Na Guarda a 30 de abril de 2024.
A continuación figuran dúas relacións de nomes, apelidos e sinaturas de veciñas/os da parroquia de A Guarda, que apoian á convocatoria.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario