SEGUNDA EDICIÓN DO TARDEO
ACTIVIDADES DIVERSAS PARA A MOCIDADE
Infogauda / A Guarda
Para os meses de maio e xuño sae á rúa a segunda edición do programa Tardeo, unha acción que, coordinada pola Oficina Municipal Información Xuvenil (OMIX) do Concello de A Guarda, presenta diferentes actividades levadas a cabo polas asociacións da vila, para dinamizar o tempo de ocio da poboación nova - principalmente - do municipio.
As actividades propostas son tan diferentes como as propias entidades xa que contamos cun nutrido abanico de tecido asociativo, con ganas de participar e ofertar á poboación novas alternativas e propostas atractivas.
- MAQUILLAXE E CARACTERIZACIÓN - SAN XEROME- AULA NO CENTRO SAN XEROME - 10 MAIO 19:00 A 21: 00 HORAS.
- OBRADOIRO ESCRITURA CREATIVA - FOCO - CENTRO CULTURAL - 24 DE MAIO - HORARIO 18:30 A 20:00 HORAS.
- APLICACIÓNS EN CROCHÉ - VENTO MAREIRO- AULA ANTIGO SINDE SEGUNDA PLANTA (ENCIMA DO ALBERGUE MUNICIPAL) - 25 MAIO HORARIO 16:30 A 18:00 HORAS.
- BOLSIÑO DE MACRAMÉ- ENREDÉMONOS - ÉRGUETE BAIXO MIÑO - AULA SITUADA NO CONCELLO - 1 XUÑO - 17:00 A 20:00 HORAS.
- EMBÁRRATE! CREA A TÚA PEZA EN CERÁMICA - AVELAÍÑA - SEDE AVELAÍÑA - 8 XUÑO 10:00 A 13:00 HORAS.
As actividades son todas de balde dirixidas principalmente a persoas de entre 14 e 30 anos, aínda que se quedan prazas libres poderán ocuparse por poboación doutros tramos de idade.
Levaranse a cabo nas sedes das entidades agás as de Érguete e FOCO que utilizarán espazos municipais.
A inscrición nos obradoiros terá que facerse na OMIX da Guarda preferiblemente por correo electrónico ao enderezo informacion@aguarda.es deixando os datos persoais e de contacto e indicando as actividades nas que se solicita praza por orde de preferencia.
Máis información na OMIX da Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario