Produtora de cine busca localizacións no Baixo Miño para próxima película
Infogauda / A Guarda
De cara a realización da próxima película de Daniel Sánchez Arévalo, unha produtora cinematográfica está buscando localizacións na comarca do Baixo Miño. Entre outras necesidades, precisan atopar unha vivenda unifamiliar cun pequeno xardín e almacén ou garaxe para ter dispoñible durante varios días de rodaxe.
Se algún veciño da Guarda pensa que a súa propiedade pode encaixar e ten interese en participar na iniciativa, chegado o momento a produtora alugaría a vivenda para a gravación das escenas que así o precisen.
A rodaxe da película está prevista para os meses de setembro e outubro de de 2024.
Os veciños interesados poden dirixirse ao teléfono: 676 534 296 ou ao correo electrónico: martinboizan@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario