O obradoiro “Tecendo feminismo” abrirá a programación do 8M en Tui
• Terá lugar este sábado, a partir das 10.30 horas, no edificio da praza da Inmaculada
Infogauda / Tui
Co obradoiro “Tecendo feminismo”, Tui abrirá a programación conmemorativa do 8M, Día Internacional da Muller, este sábado, 2 de marzo, a partir das 10.30 horas, no edificio da praza da Inmaculada.
Nesta actividade elaborarase un lazo morado, símbolo da loita feminista, en crochet - gancho, en galego - da man de MYR Lanas e coa colaboración de Katia Lanas. Non é preciso inscrición previa e poderán participar todas as persoas que o desexen até completar o aforo.
O Concello de Tui dará a coñecer nos próximo días a programación completa do 8M.
Ningún comentario:
Publicar un comentario