29 de feb. de 2024

TUI

Unha visita polos lugares da memoria de Rosendo Salvado pecharán as xornadas con motivo do 210 aniversario do seu nacemento

 Sairá este venres,  día 1 de marzo, ás 17.30 horas, desde á Praza de San Fernando, xunto á catedral tudense, para rematar ás 19.00 horas, na casa natal


Pracas na fachada da casa natal de frei Rosendo Salvado, e grupo de persoas nunha visita guiada a ese lugar
Fotos: C.T.

Infogauda / Tui

 Coincidindo co CCX aniversario do seu nacemento en Tui, na tarde deste venres día 1 de marzo, desenvolvérase un roteiro guiado a diversos lugares da cidade ligados á memoria do egrexio frade beneditino. Ao longo da visita os participantes poderán comprobar como diferentes lugares de Tui conservan a memoria de Rosendo Salvado. 

  Esa visita comezará na Praza de San Fernando, xunto á catedral tudense ás 17.30 horas. O percorrido finalizará na súa casa natal, na rúa que leva o seu nome no barrio de Remuíños, coa colocación dunha coroa de loureiro en lembranza e homenaxe a este tudense universal.  Será dese xeito como finalizarán as Xornadas Rosendo Salvado que promove o Concello de Tui para a difusión da vida e traxectoria deste singular tudense. 

 Salvado mantivo sempre unha estreira relación con Tui, onde residía a súa familia así como con diversos amigos que sempre conservou na súa cidade natal, mantendo o emprego do galego nalgunha das súas comunicación así como a saudade pola súa terra.

 O alcalde de Tui expresa o seu desexo de que este ciclo contribúa ao coñecemento da figura de frei Rosendo Salvado, superando os tópicos que aínda o rodean, e a súa excepcional obra que como tudenses e como galegos fainos sentir orgullosos da súa contribución á nosa historia colectiva.

Ningún comentario:

Publicar un comentario