6 de feb. de 2024

O ROSAL

O Concello do Rosal promove un novo curso de autodefensa para mulleres  

 Será o sábado 17 de febreiro no Centro Social Polivalente co obxectivo de dotar ás participantes de ferramentas para defenderse ante situacións violentas  

  


Infogauda / O Rosal

 O Concello do Rosal xa abriu a inscrición para participar nunha nova edición do curso de autodefensa para mulleres, unha iniciativa que busca dotar a todas as asistentes das ferramentas necesarias para poder afrontar e defenderse ante situacións violentas. O obradoiro, que será de balde, estará impartido por persoal especializado da Federación Galega de Loita pertencente ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.  

 O curso celebrarase no Centro Social Polivalente nunha única xornada o vindeiro sábado 17 de febreiro en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. Trátase dunha actividade dirixida a mulleres de todas as idades cunha condición física normal a través da que se proporcionará adestramento físico e psicolóxico e protocolos de actuación, así como para dotar ás participantes de capacidades para a prevención de posibles situacións violentas. 

 Todas as mulleres interesadas en participar poden xa inscribirse chamando ao teléfono do Concello 986 625 000 ou enviando un correo electrónico a participacion@orosal.gal 

 A actividade está subvencionada pola Xunta de Galicia.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario