ATLETISMO
MARA ROMEU VICENTE, SUBCAMPIOA DE GALICIA, 2024
• Nos 400 metros, en pista curta, categoría Sub 18
Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes
A atleta Mara Romeu Vicente, de A Guarda, pertencente ao club Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño, vén de participar, onte domingo, día 11 de febreiro, no XXIX Campionato Xunta de Galicia, celebrado na pista de atletismo cuberta de Ourense.
A atleta guardesa, da categoría Sub 18, participou na proba dos 400 metros, en pista cuberta, facendo un rexistro de 1:01.67, e dese xeito logrou á medalla de prata, proclamouse subcampioa de Galicia, 2024.
Felicidades Mara, a seguir traballando con vistas a pista ao aire libre.
Ningún comentario:
Publicar un comentario