6 de feb. de 2024

A GUARDA

O BNG ACUSA AO PP DE FACER ELECTORALISMO UNHA VEZ MÁIS COA PROMESA DUN CIS PARA A  GUARDA  

 Anxo Lois Baz Vicente (voceiro do BNG no Concello de A Guarda):   “Os terreos das Coutadas, no que anuncian o CIS, son privados, e non teñen orzamentos para poder mercalos, tampouco teñen a cualificación de terreo dotacional”   


Anxo Lois Baz Vicente, voceiro do BNG no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 “Trala histórica mobilización en defensa da sanidade, o PP desembarca na Guarda a facer  electoralismo coa vella promesa de facer un CIS (Centro Integral de Saúde)  para A Guarda”.  Esa é a resposta que vén de facer pública Anxo Lois Baz Vicente, voceiro do grupo municipal do BNG no Concello de A Guarda. 

  O concello non dispón dos terreos nas Coutadas - afirma Anxo Lois Baz -  onde anuncian a  construción do CIS.  Terían pois  que iniciar a adquisición deste terreo, cousa complicada, xa que o equipo de goberno da Guarda, non ten redactado nin aprobados orzamentos para este ano.   

 Este terreo non está catalogado no PXOM como terreo para equipamentos o que impide levar adiante este ou calquera outro proxecto nun prazo razoábel de tempo. Requiriría unha modificación do PXOM para transformalo en chan dotacional o que  atrasaría  o proceso  antes de poder iniciar a construción do hipotético CIS”.  

 Para Anxo Lois Baz “trátase dunha repetida promesa electoral do PP, que o único que pretende e agochar os recortes e a mala xestión da Xunta de Galiza en materia de sanidade”.   

 O nacionalista rematou concluíndo: “Si o alcalde da Guarda, o conselleiro de Sanidade e o PP  tiveran intención de solucionar realmente os problemas reais en materia de sanidade que ten a  nosa localidade, escoitarían  as demandas da veciñanza  e empezarían por dotar o Baixo Miño dunha ambulancia medicalizada, dun dobre equipo médico para o PAC da Guarda, e por cubrir as prazas de falcultativos/as que están vacantes así como as baixas do persoal sanitario”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario