FÚTBOL
Segunda Galicia
O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ AO COLEGIO HOGAR
• O domingo, 21 de xaneiro, ás 16:30 horas, no Estadio Municipal A Sangriña
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Tralas victorias logradas nos encontros disputados nas xornadas 16, 17 e 18, o Sporting Guardés prepárase para o vindeiro partido. Será o domingo día 21 de xaneiro, ás 16:30 horas, no Estadio Municipal A Sangriña, e o equipo visitante vai ser o Colegio Hogar.
Nas devanditas xornadas, o conxunto vigués, colleitou dúas derrotas e unha victoria.
No que respecta a situación na táboa clasificatoria, o Sporting Guardés está na 2ª posición, con 36 puntos (os mesmos que posúe o Erizana, C.F., que ocupa a 1ª praza; e que o Gondomar, C.F., que está na 3ª).
O Colegio Hogar, atópase na 15ª posición, con 18 puntos.
Esas diferencias entre ambos conxuntos (Sporting Guardés e Colegio Hogar), son notorias, o cal non debera ser motivo para á confianza por parte do equipo de A Guarda. Todo o contrario. O equipo vigués vai vir ata A Sangriña na procura de algo positivo. Esa previsión indícanos que o Sporting Guardés non llo vai poñer doado, e vai tratar que os puntos en xogo queden onde deben quedar para manterse na posición actual ou mesmo para liderar á clasificación.
Con todos eses datos, os seareiros guardesistas van ter unha tarde para animar ao Sporting Guardés e gozar co seu fútbol.
Ningún comentario:
Publicar un comentario