Curso de monitor/a de actividades de tempo libre
• Organizado pola OMIX do Concello de A Guarda
Infogauda / A Guarda
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de A Guarda informa da apertura do prazo para solicitar a inscrición no curso de monitor/a de tempo libre que se organiza a través de este departamento.
O curso ofrece a posibilidade de obter un título oficial que permitirá as persoas que estén interesadas, traballar no ámbito do tempo de lecer.
A formación consta dun total de 350 horas das que 200 pertencen á fase teórica e 150 á fase práctica.
Os requisitos para poder realizar o curso son: ter cumpridos 18 anos e posuir o título de Educación Secundaria.
O prezo total do curso é de 250€ ou 235€ coa Oferta amizade (situación desemprego, familia numerosa, carné xove ou no caso de inscribirse conxuntamente cunha amiga ou amigo) que poderá fraccionarse en dous pagos.
O curso levarase a cabo dende o 2 de marzo e ata o 2 de xuño, no seguinte horario: sábados de 9:00 a 14 horas e de 15:30 a 20:30; e domingos de 9:00 a 14:00 horas.
A inscrición realizarase a través do correo electrónico informacion@aguarda.es deixando nome completo, data nacemento, dirección de correo electrónico, teléfono de contacto e enderezo postal. Deberase achegar a copia do DNI e da titulación requirida para poder realizar o curso.
O prazo para poder inscribirse estará aberto ata o 23 de febreiro de 2024.
Ningún comentario:
Publicar un comentario