20 de mar. de 2023

DEPORTES

ATLETISMO

Julia Vaquero e Vicky González campioas de España de campo a través coa S.D. Compostela Atletismo 


Julia Vaquero e súas compañeiras Vicky e Josefina, da S.D. Compostela Atletismo, campioas de España de cros por clubs na categoría Máster 50

Franc Beneyto / Deportes

 Miúda alegría déronme onte as miñas pupilas Julia Vaquero e Vitoria González onte domingo en Toro, Zamora, cando se proclamaban campioas de España de cros por clubs na categoría Máster 50 co club que representan, a S.D. Compostela Atletismo. 

 Unha carreira a tres voltas para completar 6.1Km sobre un circuíto bastante rápido de herba natural. 

 A lenda galega, Julia, estivo sempre na cabeza, loitando coas coas mellores desde o pistoletazo de saída e grazas a ese tremendo esforzo cruzaba a meta como 4ª clasificada individual, o que supón un extraordinario resultado e tamén un sobresaliente crono de 24:30 (4'02"/Km).  


Julia Vaquero - no centro - en pleno esforzo na cabeza da carreira

 Era a líder do equipo e demostrouno tirando do carro en todo momento.  

 Pola súa banda Vicky lograba cruzar a meta na posición 22º e un crono de 27:21 (4'29"/Km), a oscense de Yéqueda correu tal e como expomos, de menos a máis e isto fixo que remontase moitas posicións e cruzase a meta como a segunda integrante do equipo compostelán.  

 A súa actuación fíxome tan feliz como a de Julia. Unha atleta que fai moi pouco descansara un par de semanas por haber preparado e participado en febreiro o campionato de España de maratón onde lograba a medalla de bronce. 

 Era a primeira vez que Vicky participaba nun nacional de cros e por iso ten máis mérito se cabe a súa actuación por carecer desta experiencia. 


Julia Vaquero e Vicky Gonzalez, dúas pupilas que se coñeceron en Toro e axudaron ao Compostela Atletismo a lograr o ouro nacional por equipos

 Quero mencionar tamén ás outras dous compoñentes da S.D. Compostela Atletismo, Josefina Riber que cruzou a meta na posición 32ª con 29:59 e Mª Elena Amigo que o fixo na posición 34ª con 35:28, pois son artífices tamén desta medalla de ouro por equipos. O seu esforzo foi vital ata a liña de meta. 

 E é que contabilizan para a clasificación de clubs o crono logrado polas tres primeIras de cada equipo, e estivo tan rifada a medalla de ouro que tan só dous segundos dirimiron a vitoria. 

 1h21:50 contabilizou a S.D. Compostela Atletismo e 1h21:52 o club Trotasierra Hornachuelos, de Córdoba, así que máis emoción non puido haber. 

 Parabén ao club galego! 

 Quero facer unha mención especial ao meu amigo Amador Pena, presidente da S.D. Compostela Ateltismo e...Por que? 

 Vicky, a atleta oscense que adestro desde fai tres tempadas, quedaba sen equipo a última hora antes de que expirase a temporada 2022. O seu club pertencente á comunidade de Aragón comunicáballe que non lle renovaba a licenza federativa. 

 Busquei a contrareloxo algún outro club de Aragón que quixese fichala e non o logrei, así é que chamei ao meu Amador, o club que fichase a Julia hai dúas tempadas cando contactei con el,  e conteille o caso de Vicky para ver se podía fichala para o seu club. 

 Amador nin o pensou e díxome que o ía a tentar porque os trámites son moi complicados. A RFEA pon unhas clausulas económicas moi altas, a meu entender excesivas, para que unha atleta cambie a outro club doutra comunidade da que non é orixinaria. Máis de 200€!!!  A este custo desorbitado hai que contabilizar o custo da licenza federativa... 

 Non foi nada fácil e todo ademais contra reloxo porque os días que quedaban para renovar a licenza e cambio de club eran escasos. Amador tivo que chamar moitas veces á federación galega e á española para poder tramitar este cambio de comunidade... ata que o empeño del dese os froitos. E é que se nota que Amador Pena é tamén un gran atleta, moi loitador, medallista máster nacional e internacional e isto na súa vida, no seu día a día tamén é así. Xa o coñezo bastante como para confirmalo. 

 Así pois amigo Amador, quero felicitarche e agradecerche unha vez máis o teu empeño por incorporar a Vicky ao teu club. Este ouro logrado en Toro, a parte que xa é de "o teu" club  tamén o é sobre todo teu a nivel persoal, por todo o que fixeches por facer moi feliz a Vicky para que seguise integrada nun club como ela desexaba.  E por suposto o bronce do maratón que logrou en Murcia hai mes e medio tamén en parte é teu. 

 Por todo iso Amador moitísimas grazas!!!!

PONTEVEDRA

ALUMNADO DE 3º E 4º DE PRIMARIA DA GUARDA, SOUTOMAIOR E VIGO RECIBE NA DEPUTACIÓN OS PREMIOS AOS “MELLORES XOGUETES DO MUNDO” 

 O CEIP Manuel Padín Truiteiro de Arcade, o CEIP Virxe do Rocío de Vigo e o CEIP A Sangriña da Guarda alzáronse cos premios do concurso organizado no marco da campaña “Grazas, Xoguetes”, para promover os xoguetes non sexistas e non violentos 


A presidenta, Carmela Silva, acompañada da consultora de Red Talento Laura Seara –creadora da campaña– e da deputada Ana Laura Iglesias, fixo entrega dos premios
Foto: D.PO.

Infogauda / Pontevedra

 A Deputación de Pontevedra xa ten veredicto: os mellores xoguetes do mundo son ‘O Monopoly da Igualdade’, ‘As creacións artísticas’ e ‘Xogo de cartas non competitivo’, creados polas aulas de 3º B de Primaria do CEIP Manuel Padín Truiteiro de Arcade (Soutomaior), 4º de Primaria do CEIP Virxe do Rocío, de Vigo e 3º de Primaria do CEIP A Sangriña, de A Guarda. Case un centenar de nenas e nenos encheron o Salón de Plenos da Deputación, acompañadas e acompañados do seu profesorado, para recibir os premios do concurso escolar organizado pola institución provincial no marco da campaña “Grazas, Xoguetes” para a adquisición e uso de xoguetes non sexistas e non violentos durante o Nadal. A presidenta, Carmela Silva, acompañada da consultora de Red Talento Laura Seara –creadora da campaña– e da deputada Ana Laura Iglesias, fixo entrega dos premios e adiantou que “imos traballar para converter estes prototipos en xogos e xoguetes que poidamos repartir entre todos os centros de educación da provincia de Pontevedra”.  

 Para participar no concurso, o alumnado tivo que deseñar e fabricar xoguetes orixinais, creativos, igualitarios e non violentos, sen límites nin estereotipos de xénero e con materiais reciclados e reutilizados.  “Os xoguetes permítennos soñar o que queremos ser, e todas e todos vós podedes xogar con todo e ser o que queirades, totalmente libres”, sinalou Carmela Silva quen tamén fixo fincapé no poder que teñen para configurar a nosa personalidade: “Quen non lembra xogar con xogos e xoguetes cando era nena e neno? Canto aprendemos con eles, porque cos xogos e os xoguetes nos relacionamos, construímos e compartimos, son un elemento de aprendizaxe moi importante”. Por iso, a presidenta lembrou que a campaña “Grazas, Xoguetes” mostraba 5 profesionais da provincia que “chegaron a triunfar porque cando eran cativas e cativos xogaron con xoguetes que lles permitiron pensar que se querían dedicar a iso de maiores”.  

 O traballo gañador foi ‘O Monopoly da Igualdade’ elaborado por 3º B de Primaria do CEIP Manuel Padín Truiteiro, de Arcade (Soutomaior), un xogo de preguntas e respostas sobre a Igualdade cun taboleiro no que salienta a cela “Escola de Igualdade”. Despois de fallar 4 preguntas, o equipo que chegue a esta cela terá que permanecer nela durante tres quendas para atender ben ás respostas do resto de persoas xogadoras e así aprender máis sobre a Igualdade. Como gañadora, a aula recibe unha actividade didáctica e un lote de material educativo igualitario.  

 Tamén se entregaron dous accésits a aulas que recibiron o lote de material educativo igualitario. Por unha banda ao 4º do CEIP Virxe do Rocío, de Vigo, que empregaron materiais reciclados (botellas, envases, cartóns, caixas…) para elaborar os 8 xoguetes do seu proxecto ‘As creacións artísticas’: o “Ursbot”, “Os coches do futuro”, “A raíña Facherita”, “Dona Agustina”, “Dino chef”, “Xabi O Grande”, “O Mega Coche” e “Duende”. O outro accésit foi para 3º de Primaria do CEIP A Sangriña, de A Guarda, que elaborou un ‘Xogo de cartas non competitivo’ con naipes que representan cada un dos planetas do sistema solar e o Sol, e os comodíns da Lúa, as estrelas e o Big Bang.  

 A entrega de premios, enmarcada nas actividades da Deputación con motivo do 8 de marzo, rematou coa actuación da banda de rock & roll en galego para público cativo A Gramola Gominola, Premio Martin Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil. Paco ‘Pakolas’ Cerdeira, Paula Romero, Anxelo de Xermar e Rodrigo Muñoz ofreceron o espectáculo ‘Bravas. O rexurdir da luz’, que pon en valor as superheroínas –mulleres que inspiran e dan luz ao mundo– que tratan de cambiar o mundo cos seus superpoderes para loitar contra o abuso escolar, defender a lingua, protexer a natureza e visibilizar as emocións.  

“Grazas, Xoguetes, por axudarnos a soñar sen estereotipos”  

 A campaña “Grazas, Xoguetes” que lanzou a Deputación de Pontevedra previamente ao Nadal reivindica a importancia e o decisivo papel dos xogos e xoguetes na educación, no desenvolvemento da personalidade e na elección de futuras profesións, xa que os xoguetes axudan a cumprir os soños, libres de prexuízos e estereotipos sexistas. Todo iso baixo un lema común: “Este Nadal aposta polo talento das túas fillas e fillos, aposta por xoguetes libres de estereotipos”.  

 As pezas da campaña (carteis e vídeos grupais e individuais) amosaban a 5 profesionais da provincia cos xoguetes que as inspiraron, aos que dan as grazas por axudalas a soñar e ensinarlles que podían ser o que quixeran: o cociñeiro Pepe Solla, a investigadora África González, a futbolista Paula Dapena, a produtora audiovisual Emma Lustres e o bailarín Diego Landín.

DEPORTES

BALONMÁN FEMININO

EHF COPA DE EUROPA

O CLUB BALONMÁN ATLÉTICO GUARDÉS CONVIDA A CORPORACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE A GUARDA

 Ao encontro de volta das semifinais da Copa  Europea que se xogará no pavillón municipal A Sangriña, o sábado día 25 de marzo ás 19:30 horas 




CAMINHA

Museu Municipal de Caminha vai assinalar o Dia Nacional dos Centros Históricos com várias atividades 


Chafaríz, na praça conselheiro Silva Torres, de Caminha
Foto: C.M.C.

Infogauda / Caminha

 De 27 de março a 1 de abril, o Museu Municipal de Caminha vai assinalar o Dia Nacional dos Centros Históricos que se comemora a 28 de março, com várias iniciativas, com destaque para a realização de Peddypaper e Caça ao Tesouro e visita guiada ao Centro Histórico.

 O Peddypaper e a Caça ao Tesouro decorrerão de 27 a 31 de março, em horário a definir. A visita guiada ao Centro Histórico de Caminha terá lugar a 1 de abril, pelas 11H00, com ponto de encontro junto à Torre do Relógio.

 As atividades são gratuitas, mas carecem de inscrição. Os interessados em participar deverão efetuar a respetiva inscrição através do email museu@cm-caminha.pt ou do telefone 258 023 178.

 O Dia Nacional dos Centros Históricos Portugueses foi criado a 28 de março de 1993 e a sua escolha está ligada a uma das figuras da cultura portuguesa que melhor defendeu o património nacional — Alexandre Herculano, nascido em Lisboa, em 28 de março de 1810.

CAMINHA

Câmara promoveu workshop e formação no âmbito do Plano Municipal para a Igualdade e Não Discriminação


O workshop de Linguagem Inclusiva destinou-se aos colaboradores e colaboradoras do Município de Caminha
Foto: C.M.C.

Infogauda / Caminha

 Decorreu na passada sexta-feira, um workshop de Linguagem Inclusiva e uma formação sobre Igualdade de Género nas Autarquias, no âmbito do Plano Municipal Para a Igualdade e Não Discriminação do Município de Caminha. Ambas as iniciativas foram ministradas por Rosa Oliveira, Técnica Superior da Comissão Para a Cidadania e a Igualdade de Género.

 O workshop de Linguagem Inclusiva destinou-se aos colaboradores e colaboradoras do Município de Caminha. Foram momentos de aprendizagem ou de partilha de experiências, nomeadamente, no contributo para a redução da discriminação em razão do género, na linguagem utilizada, para a eliminação da utilização de estereótipos e para a promoção de uma comunicação institucional promotora da igualdade entre mulheres e homens, em toda a Administração Pública.

 Quanto à formação Sobre Igualdade de Género nas Autarquias dirigida às e aos dirigentes de todos os níveis hierárquicos do Município de Caminha visou: combater a discriminação em razão do género; formar para a Igualdade; promover a aceitação das diferenças;  promover a transmissão de informação sobre Igualdade de Género ao serviço de cada dirigente;   aumentar o número de colaboradores/as a usufruir de modalidades de conciliação, como horário de trabalho flexível ou regime de teletrabalho; clarificar os direitos dos/as colaboradores/as; sensibilizar os/as colaboradores/as relativamente às soluções existentes quanto à conciliação entre vida profissional, familiar e pessoal;  reduzir as barreiras à participação motivadas pela responsabilidade de cuidado familiar;  integrar a perspetiva da igualdade entre mulheres e homens na formação dirigida aos recursos humanos da administração pública e, ainda, eliminar estereótipos de género no mundo laboral.

VILA NOVA DE CERVEIRA

‘Cerveira Saudável’ 2023 

 Reforça conceito de exercício físico associado à história  


A primeira atividade decorre no domingo, 26 de março, com o Trilho do Cervo, em parceria com o Clube Celtas do Minho
Foto: C.M. V. de C.

Irene Pinheiro / Vila Nova de Cerveira

 Um total de 12 iniciativas, entre março e novembro, sustentam o ‘Cerveira Saudável’ 2023. A programação, lançada pela Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, arranca já a 26 de março, e pretende consolidar a promoção de sessões monitorizadas de exercício físico para todas as idades e fortalecer a vertente de conhecimento histórico de vários pontos de interesse do concelho e/ou degustação de produtos saudáveis. A participação em cada atividade carece sempre de inscrição online.     

 A primeira atividade decorre no domingo, 26 de março, com o Trilho do Cervo, em parceria com o Clube Celtas do Minho. Tendo como ponto de encontro a Praça do Município, às 09h00, os participantes são desafiados a caminhar cerca de 10kms entre as mais belas paisagens naturais de Cerveira, enquanto poderão aprofundar algumas histórias e factos relacionados com monumentos importantes do concelho, como o Castelo D. Dinis, o Forte de Lovelhe, a Atalaia, as Escadinhas, a Encarnação, as Gravuras e o Espírito Santo. A participação é gratuita, mas sujeita a inscrição.     

 Da programação do ‘Cerveira Saudável’ 2023 constam ainda mais dois trilhos pedestres que promovem a visita por algumas freguesias do concelho e respetiva visita guiada aos monumentos, nomeadamente o ‘Trilho do Fonte da Carranca’, de Gondarém, que proporciona a visita a moinhos e a um itinerário do Caminho de Santiago; e o ‘Trilho das Levadas’, de Sopo, com passagem pelas Levadas e a Torre do Relógio.     

 A realização do caminho até Santiago de Compostela, em nove etapas, com transporte do ponto de partida e o respetivo regresso, é outra atividade desta edição 2023, assim como estão igualmente agendadas duas iniciativas a favor da Liga Portuguesa Contra o Cancro, uma caminhada e a venda de dorsais da corrida para a vida com o principal objetivo de angariação de verbas para a entidade; um passeio BTT Ibérico e termina, em novembro, com uma prova gastronómica.     

 Cada atividade será promovida atempadamente, dando-se a conhecer o horário, valor e formulário para inscrição. Para obter informações adicionais também se pode contactar através do número 251 708 071.   

VILA NOVA DE CERVEIRA

Município arranca com testes a micro-ondas ‘amigo’ dos seniores  

 Em toda a Europa, apenas o Município de Vila Nova de Cerveira e a Santa Casa da Misericórdia de Lisboa foram aceites neste projeto inédito 


Vinte e cinco seniores do concelho de Vila Nova de Cerveira estão a participar ativamente na primeira fase de testes do projeto europeu PREPARIO
Fotos: C.M.V. de C.

Irene Pinheiro / Vila Nova de Cerveira

 Vinte e cinco seniores do concelho de Vila Nova de Cerveira estão a participar ativamente na primeira fase de testes do projeto europeu PREPARIO, que apresenta uma preparação conectada e automatizada de alimentos apoiada por um forno de micro-ondas revolucionário, assegurando a melhoria da qualidade de vida e da autonomia. A reação dos utentes a este tipo de solução será partilhada, anonimamente, numa plataforma digital, por forma a contribuir para que o mecanismo seja o mais adequado possível em função das reais necessidades.     

 Em toda a Europa, apenas o Município de Vila Nova de Cerveira e a Santa Casa da Misericórdia de Lisboa foram aceites neste projeto inédito de testagem do forno de micro-ondas ‘amigo’ dos idosos, com tecnologia das empresas dinamarquesas e austríacas envolvidas. O objetivo é evitar processos de aquecimento ineficientes, que podem deteriorar a experiência alimentar aos utentes, como também aumentar os riscos de desnutrição quando as refeições são degradadas e/ou não são consumidas.  

   

Um assistente de voz digital, amigável ao usuário e adaptado para idosos, dará voz ao forno de micro-ondas

 A solução PREPARIO para reaquecimento automatizado de refeições confecionadas entregues ao domicílio consiste num forno de micro-ondas que utiliza uma nova tecnologia de deteção de temperatura. Pela primeira vez, a temperatura da comida é medida durante o aquecimento por micro-ondas e usada para o controlar de forma totalmente automatizada, permitindo um resultado programado e consistente.     

 Um assistente de voz digital, amigável ao usuário e adaptado para idosos, dará voz ao forno de micro-ondas, servindo como feedback acústico e podendo, por exemplo, lembrar que a refeição está pronta. Dados anónimos do processo de preparação de refeições são armazenados na “cloud” e usados para estruturar relatórios e alertas úteis para prestadores de cuidados e serviços de alimentação, permitindo assistência oportuna e crítica.     

 Nesta fase de testes, que está a decorrer até final de abril, os usuários são desafiados a avaliar se a interface do forno de micro-ondas é intuitiva, se a temperatura da comida é satisfatória e se a sonda de temperatura sem fio é facilmente manuseável.    

 Com um investimento de 1.2ME, cofinanciado pela Comissão Europeia e pela Fundação de Ciência e Tecnologia, o projeto europeu PREPARIO - Connected and Automated Food Preparation Platform, enquadrado no Programa AAL - Active Assisted Living Programme, conta com coordenação de Senserna (Dinamarca), e como parceiros Exthex GmbH (Áustria), Joanneum Research (Áustria), Det Danske Madhus A/S (Dinamarca), o Município de Vila Nova de Cerveira (Portugal) e a Santa Casa da Misericórdia de Lisboa (Portugal). Mais informações em: http://www.aal-europe.eu/   

TOMIÑO

Enxeño e creatividade para conmemorar o Día das Letras Galegas 2023 

 O Concello de Tomiño abre unha nova edición do concurso de deseño da camiseta do 17 de maio. As propostas poden presentarse ata o vindeiro 1 de maio  




Infogauda / Tomiño

 Un ano máis o Concello quere conmemorar o 17 de maio con enxeño e creatividade arredor da lingua e da literatura galega. Por este motivo, a OMIX de Tomiño ven de convocar unha nova edición do concurso de deseño da camiseta do Día das Letras Galegas 2023. O deseño será libre e aberto e o xurado valorará que sexa atractivo, inspirador e que busque a promoción do uso e a normalización da lingua galega en todos os ámbitos. 

 A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, convida a toda a veciñanza a participar neste certame “co que cada ano ofrecemos un lenzo en branco para amosar o agarimo que lle temos á nosa lingua”.  

 O deseño elixido colocarase unicamente na parte dianteira da camiseta e terá que ser a unha soa cor a estampar sobre fondo branco. Todas as persoas que participen e envíen as súas creacións serán agasalladas cunha camiseta co modelo gañador serigrafiado. Ademais, a persoa autora da camiseta elixida finalmente para representar ese día poderá elixir entre tres premios: unha tableta Lenovo Tab M10 Plus 2K 4+64GB Grey Android, uns auriculares inalámbricos de Apple ou un reloxo intelixente Amazfit GTS 4 mini negro medianoite. Xunto cos agasallos darase difusión á obra gañadora a través de todas as canles dispoñibles do Concello.  

 O obxectivo é conseguir plasmar na camiseta unha fase ou un deseño gráfico coa que “se defenda ou se poña en valor a nosa lingua, o galego”. A frase ou deseño gañador será serigrafiado en máis de 800 camisetas que serán repartidas de balde entre as persoas que participen nas actividades organizadas polo Concello ao abeiro do Día das Letras Galegas. 

 As persoas interesadas en participar poden enviar a súa proposta ao correo electrónico omix@tomino.gal ata o vindeiro 1 de maio.

TUI

Maica Larriba desprázase a Tui e transmite unha mensaxe de tranquilidade á súa veciñanza 



A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, visitou esta mañá a cidade de Tui xunto ao seu alcalde, Enrique Cabaleiro
Fotos: S. de G.


Infogauda / Tui

 A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, visitou esta mañá a cidade de Tui xunto ao seu alcalde, Enrique Cabaleiro, para coñecer de primeira man os detalles da investigación que está a levar a cabo a Garda Civil para esclarecer as causas da calcinación de 21 vehículos durante a madrugada deste domingo no centro histórico da cidade. A subdelegada quixo, así mesmo, “manifestar o total rexeitamento destes feitos e transmitir o seu profundo pesar a toda a cidadanía tudense, e en particular, ao seu alcalde”. 

 Tras a súa visita ao lugar dos feitos, Maica Larriba expresou a “profunda impresión e total desconcerto” que deixa este suceso, “illado” e acaecido nunha das cidades máis seguras da provincia. Neste sentido, a subdelegada quixo insistir en que o Concello de Tui rexistra uns índices de criminalidade moi inferiores aos índices nacionais, autonómicos e provincias, e realizou un “chamamento á tranquilidade”. “En ningún caso este tráxico suceso debe poñer en cuestión a paz, seguridade e a excelente convivencia desta cidade”, afirmou. 

 A subdelegada informou de que “os equipos de investigación da Policía Xudicial da Garda Civil están a traballar xa en colaboración cos técnicos municipais para avanzar na investigación e poder esclarecer os feitos no prazo de tempo máis breve posible”. E anunciou que a primeira hora da tarde desprazarase á cidade un equipo de investigación do laboratorio criminalístico da Garda Civil da Coruña especializado neste tipo de sucesos.  

 “Os equipos da Garda Civil están traballando exhaustivamente para esclarecer o acontecido, xa que o prioritario agora é atopar a persoa ou persoas responsables no menor prazo de tempo”, explicou a subdelegada e insistiu en que, “a estas horas, todas as hipóteses están abertas”.  

 A este respecto, a subdelegada avanzou que a existencia de cinco focos diferenciados nunha contorna moi próxima apunta a que o suceso non foi fortuíto, “pero ata que investigación non avance e non coñezamos os datos obxectivos non se poderá confirmar ou denegar ningunha hipótese”. 

TUI

Sobre o incidente desta madrugada en Tui

O BNG FIXO PÚBLICA UNHA NOTA URXENTE

BNG / Tui

"Ante os feitos acontecidos esta pasada madrugada na zona monumental de Tui, onde decenas de vehículos foron calcinados, o BNG de Tui manifesta á opinión pública a súa máis enérxica repulsa e a solidariedade coas persoas afectadas."

PONTEVEDRA

SUSANA VILLAVERDE: “ESPIGAS NEGRAS XORDE DA COMUÑÓN ENTRE O ÍNTIMO E O DOCUMENTAL PARA ABORDAR A MEMORIA HISTÓRICA” 

 A gañadora do III Certame de Memoria Histórica organizado pola Deputación e a ESADg recolleu hoxe o seu premio


Susana Villaverde García recolleu da man da deputada María Ortega o diploma acreditativo, unha libreta de coiro e un bolígrafo coa imaxe institucional do certame 

Foto: D.PO.


Infogauda / Pontevedra

 O departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra, da man da deputada María Ortega, entregou hoxe o premio do seu terceiro certame de Microteatro de Memoria organizado en conxunto coa Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg) a Susana Villaverde García, alumna da ESADg, orixinaria de Vigo e veciña de Redondela, pola súa peza ‘Espigas negras’, que fala da revolta dunhas mulleres na defensa do gran que precisaban para facer o pan e que lle querían ‘roubar’.  

 Villaverde García recolleu o diploma acreditativo, unha libreta de coiro e un bolígrafo coa imaxe institucional do certame para que “escriba alá onde lle veña a inspiración”, segundo a deputada de Memoria Histórica María Ortega, quen confirmou que nos vindeiros días recibirá na súa conta os 500 euros do premio económico.  

 A autora agradeceu o premio á Deputación de Pontevedra salientando a súa grande ilusión “ por ser o primeiro”. Tamén deu as grazas “ás mulleres da miña familia. A todas as que viron antes ca min e que son as que me permitiron coñecer a historia e situarme fronte a ela e abordala”. Explicou que ‘Espigas negras’ é unha peza que xurdiu “dunha comuñón entre o íntimo e o documental” abordando a historia das mulleres do Saviñao que en 1946 enfrontáronse ao réxime franquista intentando frear a saída dun camión cheo de gran do pobo no momento dos duros anos do racionamento.  

 Segundo dixo, “sobre todo é unha peza que nace por e para a miña avoa, que vivía nunha aldea preto de Lalín, en Prado, onde súa nai tiña unha panadería. Ela naceu no 36 polo que viviu nos anos da posguerra. E nesa panadería tiñan que cocer polas noites debido ao racionamento, porque non chegaba, e darlle parte dese pan Á Garda Civil para que non as denunciaran, porque tamén eles morrían de fame, non chegaba o pan do racionamento nin sequera aos corpos de seguridade”, dixo, para engadir que “gustaríame preguntarlle todas as cousas que viviu á miña avoa e non podo facelo. É por iso que escribo esta peza, para lembrala a ela e a todas as que viñeron antes ca min , que son as que me permiten escribir e estar aquí”, insistiu.  

 Pola súa banda, a deputada de Memoria Histórica María Ortega subliñou que o premio de Microteatro de Memoria organizado xunto á ESAD pretende achegar a memoria histórica a un segmento da poboación que non asiste a charlas de persoas investigadoras que falan do que aconteceu tralo golpe do 36. A mocidade é fundamental para transmitir a memoria. É o inicio do noso futuro. E para falar de memoria á mocidade é a mocidade a que ten que falar”, afirmou Ortega.  

 Ortega destacou que a peza de Susana Villaverde foi elixida entre as 20 presentadas. Destacou que “toca con rigor e tamén dende a súa vivencia persoal a memoria histórica proxectando unha imaxe certa do que o pobo sufriu e como sobreviviu”. Insistiu no talento da autora e como enfocou a historia dende unha tripla perspectiva (xénero, país e clase) e salientou que, no terceiro ano do premio volve ser unha muller a gañadora. “O talento é feminino”, pechou.  

 Pola súa banda, o director da ESADg Roberto Relova preguntouse “Como non van gañar premios persoas como Susi? Se viran vostedes como traballou! É incrible a visión. O mundo de 2017 cambiou, empeza a idade contemporánea na que as mulleres teñen moito que dicir e non hai volta atrás. Temos que seguir a potenciar eses cambios. Ela é unha desas persoas que ten que loitar e dignificar e ten o significado do cambio que está a pasar coa relación, creación e interpretación das mulleres neste mundo. Eu estou moi orgullosa de ti. A escola está moi orgullosa de persoa coma vós. O alumnado é o máis importante. Desexo todo o mellor na túa vida profesional”, salientou.  

 Finalmente, a responsable do departamento de Dinamización Lingüística da ESADg e secretaria do xurado, Inma López Silva, destacou  que “falar da memoria histórica é necesario e un motivo dende o que chamar á creación. É preciso que o teatro galego dialogue co pasado e reconstrúa o pasado dende a actualidade e o presente”. “O texto de Susana foi indubidable para o xurado, feito dende unha perspectiva de xénero e clase, amosando que a represión tiña moitos máis matices que os simplemente bélicos ou cos que nos queren convencer do reparto de culpas. As vítimas foron as persoas que sufrían e trataban de sobrevivir, que é o que conta o texto de Susana”, finalizou.

VIGO

A CIG-Vitrasa logra 20 novos contratos indefinidos tras denunciar na Inspección o exceso de xornada 

 Na sección sindical cifran en 50.000 horas as que se fan a maiores ao ano sumando horas extraordinarias e descansos traballados 


A representación da CIG na empresa presentara o ano pasado unha denuncia na Inspección ante o elevado exceso de xornada que se rexistra ao longo do ano
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 A sección sindical da CIG en Vitrasa logrou que a empresa teña que facer 20 novos contratos indefinidos tras denunciar diante da Inspección de Traballo o exceso de xornada na concesionaria do servizo de transporte urbano do Concello de Vigo. Na central sindical cifran nunhas 50.000 horas as que o conxunto do persoal fai a maiores ao ano sumando horas extraordinarias e descansos traballados.  

 A representación da CIG na empresa presentara o ano pasado unha denuncia na Inspección ante o elevado exceso de xornada que se rexistra ao longo do ano, o que lle permite a Vitrasa cubrir os servizos sen contratar o persoal realmente necesario. A finais de ano autoridade laboral emitiu unha resolución na que lle requiría á compañía de transportes que non exceda o límite legal de exceso de xornada, “debendo contratar a novo persoal, no seu caso, coa finalidade de evitar estes excesos”, tal e como figura na propia comunicación da Inspección de Traballo.

 Deste xeito, Vitrasa vén de confirmar que procederá a contratar de xeito indefinido a 20 novos/as condutores/as en cumprimento da resolución. Dende a sección sindical da CIG na empresa amosan a súa satisfacción polo requirimento e trasladan a súa “felicidade” polo feito que “20 novas familias vaian ter un emprego para poder gañarse a vida nestas circunstancias tan duras de suba de prezos e de encarecemento da enerxía e dos combustíbeis”.  

 Por outra banda, a CIG-Vitrasa parabenízase tamén polo feito de que a dirección desistise finalmente de presentar un recurso contra a decisión xudicial que impediu que puidese inaplicar o convenio colectivo en materia salarial e de xornada, o que se traduciría unha redución de soldos do 30% e un aumento de 86 horas de traballo anual para o persoal de condución.