¡¡¡¡MAIS DE 10.000 USUARIOS DE TOMIÑO NON TEÑEN MÉDICO NESTE MOMENTO!!!!
• CENTRO SAÚDE TOMIÑO
• CONSULTORIO GOIÁN
• RECOLLIDA RECLAMACIÓNS EN GOIÁN
Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Tomiño
A Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Tomiño volveu sair a rúa.
A finais de Setembro estiveron recollendo reclamacións de usuarios e pacientes en Goián para esixir a reapertura do Consultorio. Estas reclamacións foron presentadas no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia o dia 27 de Setembro pero a día de hoxe, 25 de Outubro non temos ningún tipo de notificación ao respeto.
Estes escritos van dirixidos ao conselleiro de Sanidade D. Julio García Comesaña e ao Xerente de Área D. Javier Puente Prieto.
O Consultorio de Goián está totalmente rematado e pronto para dar Servicio Médico ás mais de 1.600 cartillas que alí se atendían.
É un auténtico despropósito e estamos indignados e preocupados o que está acontecer con este Consultorio.
Moitas/os veciñas/os deixaron xa de acudir ao seu médico. Outros, con patoloxías crónicas, teñen que facer un desembolso importante en transporte privado (taxi) para acudir a Tomiño, sen ningún tipo de axuda.
Temos que lembrar que existe moita poboación maior que necesita ir con frecuencia ao médico. E agora que entramos na estación invernal mais ainda.
A Plataforma aproveita tamén para seguir reivindicando o cuberto que se nos prometeu para o Centro de Saúde de Tomiño. Estamos xa na época de choivas e esa cuberta na entrada do Centro parécenos esencial, como así nolo recoñoceron, tanto o Xerente como a anterior Directora de Atención Primaria, tanto para dar acubillo aos pacientes que baixan dunha ambulancia como aos que acuden no seu propio vehículo.
A Plataforma tamén aproveita para denunciar o que está a acontecer no Centro Médico de Tomiño.
Dunha plantilla de 8 médicos, a día de hoxe 25 de Outubro, só estaban pasando consulta 3 (TRES). INTOLERABLE MÁIS DE 10.000 USUARIOS DE TOMIÑO NON TEÑEN MÉDICO NESTES MOMENTOS. Polo tanto conseguir unha cita ordinaria ou presencial cun médico ronda os 21 (VINTEÚN) días.
A saturación dos que consultan é abafador e corremos o risco de que nos desvien a TUI para consultas ordinarias.
Dende a Plataforma pedimos respecto para o personal sanitario, pero debemos protestar e poñer reclamacións ante o SERGAS, PARA QUE SOLUCIONE ESTA DESFEITA.
SE ALGUÉN NECESITA AXUDA PARA PRESENTAR RECLAMACIÓNS QUE SE POÑA EN CONTACTO CON NÓS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario