18 de dec. de 2024

A GUARDA

A CORPORACIÓN MUNICIPAL CELEBRARÁ PLENO EXTRAORDINARIO URXENTE

 Este venres, 20 de decembro de 2024, ás 8:30 horas, na Casa do Concello


Casa do Concello de A Guarda
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 No día de hoxe, 18 de decembro de 2024, o alcalde do Concello de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero fixo pública a convocatoria dunha sesión plenaria extraordinaria urxente, para o vindeiro día 20 deste mes, ás 8:30 horas, na Casa do Concello. 

 Os asuntos a tratar son os seguintes:

1.XUSTIFICACIÓN DA URXENCIA 

2.Expediente 1074/2024. PROPOSTA ALCALDÍA RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL 4/2024. REC 4/2024.”

 Polo que respecta a punto 1.  XUSTIFICACIÓN URXENCIA CELEBRACIÓN PLENO 20 DECEMBRO 2024, o alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero emitiu o seguinte documento:  

 Tal e como se sinala na providencia de alcaldía do expediente nº 1074/2024 de recoñecemento extraxudicial de créditos n.º 4/2024 tratáse do recoñecemento da obriga das facturas da recadación de impostos municipais dende marzo a decembro de 2023 (facturas que tiveron entrada no rexistro do Concello no ano 2024) e un investimento do exercicio 2022, con rexistro de entrada no Concello da Guarda no ano 2023, para o que non existía crédito orzamentario no ano 2023.  

 Tendo en conta que o suplemento de crédito e crédito extraordinario nº 3/2024 (modificación orzamentaria nº 137/2024) foi aprobado definitivamente o 17 de decembro de 2024 dado que non se presentaron alegacións no prazo de 15 días hábiles dende a publicación inicial no BOP nº 228 de 22 de novembro de 2024, dotando así de crédito a aplicación orzamentaria 93200.22708 por importe de 145.708,15 € e a aplicación orzamentaria 33600.63201 por importe de 18.042,39 €.  

 Visto que como indican os artígos 26.2 e 60.2 do RD 500/1990, de 20 de abril, polo que se desenvolve o capítulo primeiro do título sexto da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais en materia de orzamentos “se poderán imputar aos créditos do orzamento vixente as obrigas procedentes de exercicios anteriores a que se refire o artigo 60.2 do presente Real Decreto e “corresponderá ao Pleno da entidade o recoñecemento extraxudicial de créditos, sempre que non exista dotación orzamentaria, operacións especial de crédito ou concesións de quita e espera.  

 Visto que as facturas foron dotadas de crédito no suplemento de crédito e crédito extraordinario n.º 3/2024 con cargo ao remanente de tesourería para gastos xerais aprobado definitivamente o 17 de decembro de 2024 e que o seu pago requiere previa aprobación das mesmas polo Pleno da Corporación e dadas as datas nas que nos atopamos, se considera xustificada a celebración do Pleno Extraordinario Urxente o próximo día 20 de decembro, a fin de someter a aprobación o recoñecemento extraxudicial de créditos n.º 4/2024.  

 Segundo establece o artigo 182 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais “poderán incorporarse aos correspondentes créditos nos orzamentos de gastos do exercicio inmediato seguinte, sempre que existan para ello os suficientes recursos financieros, os créditos extraordinarios e os suplementos de crédito, así como as transferencias de crédito, concedidas ou autorizadas, respectivamente, no último trimestre do exercicio”.   

 A falta de tramitación perxudicaría aos contratistas e proveedores que teñen que esperar a liquidación do orzamento 2024 para o seu cobro e tamén ao concello tanto nos datos do período medio de pago como nos da morosidade, dando lugar a incumprimentos, e polo tanto, podendo implicar a adopción de novas medidas económicas derivadas dos mesmos, tendo en conta o volume das mesmas e o seu importe.   

 O Alcalde  Roberto J. Alvarez Carrero   

Documento asinado electrónicamente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario