17 de dec. de 2024

A GUARDA

A nova xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de A Guarda, organiza unha reunión informativa aberta á veciñanza 

 Este sábado 21 de decembro de 2024, ás 16:00h no Concello de A Guarda


Vista das persoas que asistiron a unha asemblea precedente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de A Guarda
Foto: Cedida

Infogauda / A Guarda

 A nova xunta reitora de Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMMVVMC) de A Guarda, convoca unha reunión informativa, aberta a toda a veciñanza, este sábado 21 de decembro, ás 16:00h no Concello de A Guarda. O obxectivo da reunión é dar a coñecer o traballo realizado nestes catro meses desde que a nova xunta reitora asumiu a xestión e informar sobre o estado actual do monte comunal. 

 Durante a reunión abordaranse diversos temas de interese, entre eles:     

• Límites e propiedades do monte, doazons e re-apertura de camiños     

• Balance económico e a auditoría     

• Denuncias, convenios e reunións con outras entidades     

• Estado da maquinaria, novas canles de comunicación e redes de traballo    

• Xestión forestal e o papel do Padroado Municipal do Monte Trega        

 A nova xunta reitora tamén explicará a situación que levou a denunciar ante a Fiscalía a xestión de determinados terreos do CIS (Centro Integral de Saúde), así como os máis de 60.000€ en débedas acumuladas e por qué non se cobraron máis de 85.000€ de convenios e do Padroado Municipal do Monte Trega durante os últimos anos. Neste senso, a reunión convidará á anterior xunta reitora para que poida ofrecer a súa versión dos feitos e aclarar publicamente estas cuestións. 

 Ao remate da reunión, todas as persoas interesadas en participar activamente na CMMVVMC de A Guarda  poderán solicitar a súa inscrición como comuneiras. Para iso, só será necesario acudir coa seguinte documentación:     

• Certificado de empadonamento     

• Documento Nacional de Identidade (DNI) 

 A nova xunta reitora anima á veciñanza a asistir e participar nesta xornada, pois “o monte é de todos e todas, e é fundamental que coñezamos o seu estado actual e os retos que temos por diante para recuperalo e polo en valor”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario