25 de out. de 2023

TOMIÑO

A OMIX de Tomiño achega á mocidade ao traballo arqueolóxico  

 O sábado 18 de novembro celebrará un obradoiro para rapazada a partir dos 12 anos no Espazo Praza Cultura de Goián  




Infogauda / Tomiño

O Concello continúa ampliando a oferta formativa e de lecer para a mocidade tomiñesa. A OMIX de Tomiño organiza o vindeiro mes un obradoiro de arqueoloxía, un curso de dúas horas de duración no que a rapazada participante coñecerá e vivirá en primeira persoa como se traballa neste campo.  

 Dirixido a mocidade a partir de 12 anos, durante o obradoiro as e os participantes aprenderán como se localiza un xacemento arqueolóxico e participará nunha escavación clonada de xacementos reais, onde aparecerán pezas orixinais ou réplicas indistinguibles das reais. Como detectives do pasado, o alumnado fará unha interpretación do acontecido alí, datando os materiais coa técnica do Carbono 14 e realizando un exame forense de ósos humanos antigos.  

 Estas serán algunhas das actividades deste obradoiro “cheo de leccións prácticas e divertidas sobre os coñecementos que achega a arqueoloxía”. O curso celebrarase o vindeiro sábado 18 de novembro de 11.30 a 13.30 horas no Espazo Praza Cultura de Goián. As persoas interesadas en participar poden inscribirse xa na web do Concello.

Ningún comentario:

Publicar un comentario