16 de dec. de 2024

DEPORTES

 ATLETISMO

A Sociedade Atlética do Trega brillou no Campionato Provincial de Campo a Través

 Nas categorías inferiores do programa Xogade, conseguindo 3 títulos, 1 subcampionato, 1 bronce, todos eles por individual; e unha prata e un bronce por equipos




Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes

 O pasado sábado, o circuíto situado no Campo da Feira de Zamáns (Vigo), acolleu o Campionato da Provincia de Pontevedra en idade escolar, onde se congregaron máis de 1.000 atletas participantes, reunindo a máis de 111 colexios e 22 clubs federados, levando a proba, o nome de Memorial Abanqueiro. 

 Nunha xornada solleira invernal, propicia para o cros, sobresaíron unha vez máis, os nosos atletas do Baixo Miño, destacando por individual os seguintes resultados: os ouros para Sergio Silva Souto, na Sub-14 masculina; Nadia Conejo Bascoy, na Sub-12 feminina; Gabriela López Cadilla, na Sub-10 feminina. 

 A prata levouna Álan de la Fuente Maculewicz, en Sub-12 masculino. 

 E o bronce logrouno Alba Vasconcellos Rodríguez, na Sub-14 feminina. 

 Tamén destacaron os equipos Sub-14 masculino e Sub-12 femininos. Os Sub-14 masculinos,  cuxos integrantes foron Sergio Silva, Hugo Rodríguez, Moncho Carreiro e Xoel Pérez,conseguiron a prata. 

 E pecharon o campionato, cun bronce, o equipo feminino Sub-12, formado por Nadia Conejo, Julia Ozores, Adela Vasconcellos e Adriana Santísima Trinidad. 

 Con estes resultados a Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño, unifica Tomiño, O Rosal e A Guarda cos seus éxitos deportivos provenientes de atletas dos tres concellos, que representan o noso escudo, dando mostras de que o futuro está en boas mans, polo cal prevemos que seguirán vindo moitos máis éxitos para Tomiño. 

 Moitas felicidades ao grupo de adestramento de medio fondo e fondo dos adestradores da base Javier Sierpes e Patricia Pereira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario