18 de out. de 2023

GONDOMAR

Ciclo Literario Miñorán

Iria Misa  

 Este venres 20 de outubro ás 20:00h no local do IEM 


Iria Misa 
Manuel Bragado
Foto: Manuel Álvarez



IEM / Gondomar

 Este venres 20 de outubro ás 20:00h no local do IEM dará comezo o primeiro trimestre do Ciclo Literario Miñorán co recoñecido talento da escritora Iria Misa, nada en Gondomar. É licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo, onde tamén realizou estudos de posgrao. O acto será presentado por Manuel Bragado, exdirector de Xerais.  

 O Ciclo Literario Miñorán é un reflexo do compromiso do Grupo de Promoción do Uso do Galego co enriquecemento cultural e a difusión da literatura no Val de Miñor. Consulte a nosa web ou o cartel da estación literaria outonal para máis detalles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario