A CORPORACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE A GUARDA CELEBRARÁ PLENO ORDINARIO
• O vindeiro mércores, día 25 de setembro, ás 20:00 horas, na Casa do Concello
Infogauda / A Guarda
O alcalde do Concello de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, fixo pública a convocatoria dunha sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal, para o vindeiro mércores, día 25 de setembro, ás 20:00 horas, na Casa do Concello. Na devandita sesión serán tratados os seguintes asuntos:
1.Aprobación das actas da sesión ordinaria de data 31.07.2024 e da sesión extraordinaria de data 21.08.2024.
2.Expediente 2510/2024. DAR CONTA DOS DECRETOS DENDE O 16.07.2024 ATA O 15.09.2024.
3.Expediente 2449/2024. DAR CONTA DOS REPAROS DE INTERVENCIÓN.
4.Expediente 2336/2017. DAR CONTA DO INFORME DE MOROSIDADE E PERÍODO MEDIO DE PAGO DO SEGUNDO TRIMESTRE 2024.
5.Expediente 931/2024. PROPOSTA ALCALDÍA APROBACIÓN CONTA XERAL 2023.
6.Expediente 2552/2024. MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO BNG PARA O REXEITAMENTO DA SUBIDA DO CANON DE SOGAMA E POR UN NOVO MODELO DE XESTIÓN DE RESIDUOS.
7.Expediente 2553/2024. MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO PSOE PARA SOLICITAR AO CONCELLO DA GUARDA QUE CONTINÚE O PROXECTO DA SAÍDA SUR AO PORTO DA GUARDA.
8.ROGOS E PREGUNTAS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario