18 de set. de 2024

GOIÁN

Presentación da NOVA ARDENTÍA,  Oficios de escuma - nº 16

Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial

 Sábado 21 de setembro de 2024, ás 20:00 horas, no Centro Goianés



Ricardo Rodríguez Vicente / Goián

 Nova ArdentíaRevista Galega de Cultura Marítima e Fluvial, continúa seu roteiro de presentación. Dese xeito, para achegarnos aos Oficios de escuma - como figura na portada do nº 16, correspondente a maio de 2024, imos ter unha oportunidade de asistirmos á un novo de presentación. Será este sábado 21 de setembro de 2024, ás 20:00 horas, no Centro Goianés - Avenida Ordóñez, 54 - de Goián.
 
 A presentación é de balde para todos os públicos, ata completar a cabida.

 A presentación contará coas participacións de Helena Pousa Ortega, Rosa Fernández Otero e Emilio Xosé Ínsua.

 A Atalaia | Velas ao vento. Crónica do XVI Encontro en Sada | A que andamos? | Mörling a través dos ollos de Chefa | Conversa con Francisco Fra, carpinteiro de ribeira | Primeiro centenario da Confraría de pescadores de Celeiro | Traiñeiras en Marín | A curta pero intensa historia do bergantín negreiro galego Navarino Bocanegra | A mala fortuna dos Capitáns Agramunt | Segunda Guerra polas Sardiñas (IV). Bouzas e Mugardos 1889 | Transporte de madeira por flotación | A Lexión Cóndor embarca en Vigo. Maio de 1939 | Entrevista a Julio Valeiras | Reto Astrolabio | Mentres espero a boa onda | Evolución do porto de Foz (ss. XIV-XX) | Náufrago: Manuel García Pereira, “Bobby” para os amigos | Os botes ártabros: “Pajarito” | A Aixola: dende a memoria á innovación nos oficios do mar | Eu só… falaba de barcos | Ardora, ardor e ardentía na lexicografía galega e nas falas mariñeiras | A rede de Museus do mar no Norte de Portugal: o projecto muSEAum | Espazos para saber dos mares e dos ríos | Letras Galegas 2024: Luísa Villalta | Letras na almadraba. Manuel Leiras Pulpeiro | Artistas do mar. Alicia Alonso | Sino de proa | Lecturas para navegantes.
 
 Velaí os títulos de artigos e temas, de autoría ben diversa, que acolle o nº 16 da Nova Ardentía, que con gran acerto - e non menos esforzo - edita e publica a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar).

Ningún comentario:

Publicar un comentario