25 de out. de 2023

DEPORTES

FÚTBOL

2ª DIVISIÓN GALICIA 

O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ AO CANDEÁN

 O domingo día 29 de outubro, ás 16.30 h., no Estadio Municipal A Sangriña




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 O Sporting Guardés prepárase para recibir ao equipo da Unión Veciñal Cultural Deportiva Candeán, de Vigo. O encontro será o domingo día 29 de outubro, ás 16:30 horas, no Estadio Municipal A Sangriña.

 O conxunto visitante - clasificado no posto 6º da táboa -, que na xornada precedente logrou anotarse os puntos en litixio, no partido disputado no seu feudo, fronte ao Tomiño, F. C., desprazarase ata a vila de A Guarda coa intención de repetir o mesmo esquema.

 Pola súa parte, o Sporting Guardés - situado no posto 5º da táboa clasificatoria - que na xornada 7ª, na súa visita ao Erizana C.F. logrou facerse con un punto, vai procurar ofrecerlle a seus seareiros súa mellor versión.

 Dese xeito, como o Sporting Guardés - con 14 puntos no seu haber, e o equipo da Unión Veciñal Cultural Deportiva Candeán - con 12 -,  van medir súas extratexias e súas respectivas capacidades, para tratar de lograr a ansiada victoria, prevemos unha boa tarde de fútbol.

Ningún comentario:

Publicar un comentario