FOLGA DAS TRABALLADORAS7ES DAS ESCOLAS INFANTÍS PRIVADAS E DE XESTIÓN INDIRECTA
• Volverán á folga, este mércores, 25 de outubro
Infogauda / A Coruña / Vigo
As traballadoras/es das escolas infantís privadas e de xestión indirecta, etapa 0-3, volverán á folga este mércores 25 de outubro en resposta ao bloqueo patronal á negociación do convenio colectivo, cuxas táboas xa quedaron por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional.
Como na primeira xornada de folga (convocada por CIG-Ensino, CCOO Ensino e SNEP), que foi un éxito, o persoal mobilizarase nas cidades de Vigo e A Coruña:
- En Vigo, a mobilización será ás 12:00 horas diante do MARCO e o persoal irá en manifestación até a Porta do Sol.
- Na Coruña, a mobilización será ás 11:30 dende a Praza de Pontevedra até o Obelisco, pero ade-mais, de non rectificar o Concello da Coruña os abusivos servizos mínimos decretados para as esco-las infantís municipais (de xestión privatizada), a protesta continuará dende o Obelisco até a Praza de María de Pita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario