Este venres ás 22.15 h, no paseo fluvial, proxéctase “Encanto”
Infogauda / Tui
Este venres, 11 de agosto, ás 22.15 horas, no paseo fluvial de Tui, temos unha nova cita co cinema ao aire libre coa proxección da película de animación “Encanto”. A forma parte da programación “Tui, verán na rúa”.
A película “Encanto”, dirixida por Byron Howard e Jared Bush, conta a historia da familia Madrigal, que viven nunha máxica casa nun lugar chamado Encanto. Todos os membros da familia teñen poderes excepto Mirabel, que cando descubre que a maxia que rodea Encanto está en perigo será a última experanza para salvar á súa excepcional familia.
“Encanto” está inspirada na cultura colombiana e xa obtivo numerosas nominacións e premios, chegando a gañar o Globo de Ouro á mellor película animada e o Óscar á mellor película de animación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario