9 de ago. de 2023

O ROSAL

A ARTISTA GUARDESA NADIA OTERO EXHIBE A SÚA OBRA NO MERCADO DO ROSAL  

A mostra terá lugar no Gastrobar Daordaria, e estará aberta ao público desde o venres, 11 de agosto, ata o 1 de setembro 



 

Infogauda / O Rosal

 A artista plástica Nadia Otero vai abrir este venres, 11 de agosto, no Gastrobar Daordaria, situado no Mercado do Rosal, na Praza do Calvario, 3, 1º andar,  a  exposición ‘Do Lérez ao Tambre’.

 A artista guardesa formouse na Facultade de Belas Artes de Salamanca, e está especializada en pintura ao óleo, facendo das paisaxes - nomeadamente vistas marítimas - o seu motivo principal, nas que o territorio galego ten unha presenza salientable.  

 A exposición estará aberta ao público ata o 1 de setembro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario