27 de xul. de 2023

TUI

O BNG de Tui oponse frontalmente á tala das árbores centenarias 

Que ocupan o único espazo verde na zona da Avda. da Concordia 


BNG / Tui

 Denunciamos a intención absurda e incomprensíbel da ADIF de eliminar, a golpe de machado, o conxunto especial, con muitos anos de historia, formado pola estación de tren coa súa alameda chea de árbores, moitas delas singulares. 

 Este lugar debería de ser un espazo aberto ao pobo como zona de encontro e lecer. Nese sentido, o BNG levará unha proposta ao próximo pleno municipal. 

 Unha vez máis vemos como as institucións, neste caso ADIF, non teñen a máis mínima sensibilidade ambiental, pretendendo eliminar un pequeno pulmón cheo de vida. 

 O BNG de Tui fai un chamamento á mobilización e manifesta o seu apoio a todas as iniciativas que se emprendan para que este despropósito non se leve a cabo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario