27 de xul. de 2023

TOMIÑO

Este verán non saias da casa sen o teu Pasaporte ADETO 

O comercio de Tomiño sortea 500€ nesta nova campaña de fidelización 

 


Gonzalo Lomba / Tomiño

 Volve o Pasaporte ADETO para premiar a fidelidade dos clientes do comercio, a hostalería e os servizos de Tomiño. ADETO lanza esta campaña na que se sortearán 500€ en vales de compra para gastar nos establecementos participantes. 

 Para entrar no sorteo, os clientes do comercio local deberán solicitar o seu Pasaporte nos establecementos adheridos á campaña e conseguir, coas súas compras, 6 selos diferentes. Se o consiguen, terán que  entregar o seu pasaporte debidamente cuberto antes do 15 de setembro para participar no sorteo. 

 Para aqueles que non logren os seis selos tamén haberá premio: por cortesía de Viajes Galicíes sortearase unha estancia para 2 persoas, con almorzo incluído, en Alto da Pousa, entre todos os pasaportes incompletos que sexan entregados antes da data límite. 

 Esta campaña está patrocinada por Arco da Vella, Arte Peluquería, Chévere e Moldes e conta co apoio do Concello de Tomiño e Abanca e o financiamento da Xunta de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario