19 de maio de 2023

A GUARDA

A Casa dos Alonso acolle a exposición “Mulleres represaliadas no cárcere de Tui (1936-1939)”  

Pódese visitar ata o 26 de maio de 08:00 a 15:00 h..




 Infogauda / A Guarda 

 A exposición “Mulleres represaliadas no cárcere de Tui (1936-1939)” é unha lembranza a todas as mulleres represaliadas e nela encontraremos varias mulleres da Guarda - como María Álvarez Fernández, muller do alcalde de Tui, Guillermo Vicente Santiago; Concepción Andrés García (Concha), muller de Manuel Domínguez Pacheco "Taxota"María (da Luz) Pacheco Videira, nai de "Taxota", a quen xa lle mataran o día 10 de agosto de 1936, na Sangriña, a seus fillos Ángel e Antonio Domínguez Pacheco; María Álvarez Álvarez (María das Auroras) que acolleu na súa casa a Manuela Baz, viúva de Antonio Domínguez Pacheco, e a Josefa García Segret - viuva de Hipólito Gallego Camarero, que fora asasinado polos franquistas en Mondariz  - despois de saír do cárce franquista de Saturrarán (Mutriku) Gipuzkoa -  e tamén do Baixo Miño - como Generosa Salgueiro e a súa nora Saulita Martínez Estévez, de Goián - e da Louriña, O Condado e A Paradanta, que pasaron polo cárcere do Partido Xudicial de Tui.

 A exposición pode visitarse de forma libre na Casa do Alonso, ata o 26 de maio, de 08:00 a 15:00 h..  

 O día 25 de maio ás 20:00 h., haberá unha visita guiada a devandita exposición e a presentación do libro "Mulleres represaliadas no cárcere de Tui" a cargo de Helena Pousa Ortega, Quico Paz Antón e  Marga Romero Lorenzo (Marga do Val), autor/as desa publicación, que explicarán como se fixo todo o traballo de documentación.  

 Dende o Concello de A Guarda agradécese a cesión desta exposición á Concellería de Igualdade do Concello de Tui e ás persoas autoras do libro. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario