19 de maio de 2023

A GUARDA

Próxima visita da unidade móbil de doazóns de sangue 

Estará na Guarda, o xoves día 1 de xuño, de 10:15 ás 14:00 horas e de 16:30 a 21:00 horas




Infogauda / A Guarda 

 A próxima visita da unidade móbil de doazóns de sangue será o xoves día 1 de xuño. Estará emprazada na rúa Rosalía de Castro, (diante do Centro Cultural) de 10:15 ás 14:30 horas e de 16:30 a 21:00 horas. 

 Grazas ao emprego destas unidades móbiles o Centro de Transfusión de Galicia intenta facilitar a todos os cidadáns. o solidario xesto de doar sangue. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día nos hospitais galegos. 

 Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar debemos esperar 2 horas. 

 Non debemos esquecer levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar, a informar ao médico da unidade móbil se estamos a tomar algún medicamento. 

 É desexable solicitar cita para doar no telefono gratuíto 900 100 828.

Ningún comentario:

Publicar un comentario