PRESENTACIÓN DE CANDIDATURA DE ESPAZO COMÚN
O venres día 12 de maio, ás 20:30 horas, no Casino de A Guarda
ESPAZO COMÚN / A Guarda
O venres día 12 de maio, ás 20:30 horas, no Casino de A Guarda, presentaremos as/os integrantes da candidatura ESPAZO COMÚN, as vindeiras eleccións municipais do 28 deste mes.
Nosa candidatura, está composta por un grupo de homes e mulleres que non se sinten representados polos partidos clásicos e os une a ilusión e as ganas de poder facer algo por este pobo que non aguanta máis, un pobo que non pode nin quere seguir como ata agora, un pobo donde é un clamor maioritario que se nega a seguir a ruta de convertirse nun “parque xeriátrico” sin futuro, sin que se plantexen alternativas para consolidar e fixar poboación xoven, que séus servizos cada vez máis deteriorados, con rúas en estado calamitoso, sucias, baldosas faltantes, rotas ou mal acomodadas, donde case é “rutinario” o comentario cada vez máis seguido do estado das persoas que caen de cotío. Donde a falta de papeleiras obriga a ter que levar no bolsillo un papel ou as mondas e envases de iogures case de punta a punta do pobo.
Dende ESPAZO COMÚN, temos a ilusión de ser capaces de activar a vida laboral deste pobo nos eidos da cultura, o comercio, a pequena industria e a pesca o longo de todo o ano. Estamos convencidos que co esforzo de todos/as podemos lograr que A Guarda pode volver a ser o gran referente social, deportivo, cultural e comercial do baixo Miño. Porque queremos un Concello de portas abertas, de atención directa, sin cita previa e días de apertura do Concello polas tardes para atender as demandas de quenes por motivos laborais non poden acudir en horario matutino.
Queremos que noso Programa sexa un contrato ca veciñanza, por iso queremos invitar a quen nos queira oir e coñecer a que asista o 12 de maio o Casino de A Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario